Xesta de Ons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesta de Ons (Cytisus insularis)
Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Genisteae
Xénero: Cytisus
Especie: C. insularis
Nome binomial
Cytisus insularis
S. Ortiz & Pulgar.

A xesta de Ons[1] (Cytisus insularis) é un arbusto da familia das Fabáceas. É endémico de Galiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

Cytisus insularis ou xesta de Ons é un arbusto fanerófito (microfanerófito), caducifolio, hermafrodita, de até 3 metros de alto. Ten os talos e pólas angulosos con 8 costelas ben marcadas. Os talos, pólas e legumes amosan abundante pilosidade característica. A diferenza da maioría dos Cytisus que habitan nas cotas baixas, os talos e ramas preséntanse ríxidos e erectos. As follas son simples sen pecíolo (sentadas).

As flores son solitarias ou xeminadas na parte superior das pólas. Ten cáliz campanular, glabro, verde primeiro e pardo-negruzco despois. A corola é papilionada, amarela, quilla con ápice redondeado de lonxitude similar á das ás e estandarte de bordo lixeiramente revoluto. O estilo é arrolado en algo máis de 1 volta completa. Androceo con 10 estames. Legume linear-oblonga, moi comprimida, lixeiramente curvada, lonxitude de 2 a 4 cm, moi pilosa, primeiro verde, despois negra. Floración primaveral sincrónica de toda a colonia, xeralmente de mediados de maio a mediados de xuño, con floración esporádica tardía até ben entrado xullo.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Cantís costeiros e primeiras liñas tras dos areais, en chans pobres e someiros con forte influencia mariña directa (salina, ventosa e moi radiada polo sol). Poboacións exclusivas da Illa de Ons.

Distribución[editar | editar a fonte]

É unha planta endémica da illa de Ons, a illa de Sálvora e a illa de Vionta en Galiza, ao noroeste da Península Ibérica. Área de distribución e poboación moi reducidas. En Perigo. Criterios B2ab (distribución xeográfica reducida). Tamén en perigo pola perda de hábitat fronte a invasoras e por hibridación con outros Cytisus.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Inexistentes ou non descritas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ernesto Viéitez Cortizo, José Miguel Rey Salgado (eds.; 2004): A natureza ameazada. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Natural, 2005. (Colección Base). ISBN 84-95415-97-6
  • Á. Bañares, G. Blanca, J. Güemes, J.C. Moreno e S. Ortiz (eds.; 2003): Atlas y libro rojo de la flora vascular amenazada de España. Ministerio de Medio Ambiente-Tragsa eds. ISBN 84-8014-521-8
  • Santiago Ortiz, Íñigo Pulgar e Isabel Iglesias (2001): "A new species of Cytisus Desf. (Fabaceae) from islands off the west coast of Galicia (north-west Iberian Peninsula)", en Botanical Journal of the Linnean Society, Volume 136, Issue 3, xullo de 2001, páxinas: 339–344.
  • Decreto 88/2007, de 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. Diario Oficial de Galicia Núm. 89 de mércores, 9 de maio de 2007, páx. 7.409. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
  • Á. Bañares, G. Blanca, J. Güemes, J.C. Moreno e S. Ortiz (eds.; 2008): Lista roja 2008 de la flora vascular española. Ministerio de Medio Ambiente-Tragsa eds. ISBN 978-84-691-7375-6
  • Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España Arquivado 13 de abril de 2012 en Wayback Machine.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]