Xesús Garrido Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXesús Garrido Álvarez
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Vilaxoán, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1971 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
O Carril, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , pedagogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xesús Garrido Álvarez, nado en Vilaxoán o 23 de setembro de 1904 e finado no Carril o 31 de maio de 1971,[1] foi un mestre galeguista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militou no Partido Galeguista, do que foi conselleiro delegado e delegado na provincia de Pontevedra dende decembro de 1931. Na súa primeira directiva en Vilagarcía de Arousa compartiu responsabilidades como vicepresidente con Dámaso Carrasco Duaso, Luís Bouza Brey, Xosé Moreira Casal e Germán Quintela Novoa. En abril de 1932 obtivo o título de mestre de primeiro ensino e en decembro foi mestre interino da escola de Renza. Despois foi mestre en Faxilde e Zamar. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de pertencer ao Partido Comunista, e sancionado coa suspensión dos seus cargos e o traslado forzoso a Barruelo de Santullán (Palencia). Garrido negouse, xa que aquela zona estaba entón na primeira liña da fronte de guerra, e os dous ensinantes anteriores foran asasinados. Semellante atrevemento custoulle ser retirado do corpo de mestres nacionais.

Dedicou un tempo a impartir clases particulares en Vigo, e logo puido regresar a Vilagarcía para asumir a dirección do colexio León XIII, logo da marcha de Xosé Núñez Búa, quen non tivo outro remedio que fuxir para salvar a vida. Xunto a Aquilino Iglesia Alvariño adquiriu en 1939 a escola e devolveulle o pulo, facendo dela un dos mellores centros de Galicia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En setembro de 1995 o pleno do concello de Vilagarcía acordou dedicarlle unha rúa á súa memoria, pero non foi ata setembro de 2004 cando, coincidindo co centenario do seu nacemento, o concello colocou alí o seu nome.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado con Concepción Castromán Olveira, tivo quince fillos. Cinco deles; Fita, Daniel, Conchela, Gema e Pilar, recolleron o seu legado docente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 1-6-1971, p. 24.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]