Xesús Franco González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXesús Franco González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e narrativa
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

AELG: 147

Xesús Franco González, nado en Vigo en 1943, é un escritor galego. Nalgunhas das súas obras, ten empregado Joaquím Fariña, como pseudónimo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi xerente de Edicións Xerais e de Publicações Dom Quixote (Portugal), e colaborou en Faro de Vigo, Ondas Galicia e Radio Vigo. Tamén foi membro fundador dos Premios da Crítica Galicia.

Nos comezos da banda deseñada en Galicia, Xesús Franco e mais Pedro Ruiz Bofill, debuxante de Faro de Vigo, editaron semanalmente no xornal as aventuras duns nenos galegos coincidindo coa invasión dos romanos. Ligada á historia máis ou menos romántica das orixes celtas, o autor mostra, coa axuda do arqueólogo, José Manuel Hidalgo Couñago como vivían os devanceiros. A Xunta de Galicia propiciou a súa publicación dos tres álbums e a editorial Galaxia a súa distribución.

Actualmente ten programas en Radio Vigo e Radio BaixoMiño así como en Televigo.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Contra Mar, 1995, Galaxia.
  • Atlántico, Atlántico, 2004, Deputación de Pontevedra.
  • Londres, 2009, El Taller del Poeta.
  • Matade o mar, 2009, Espiral Maior.
  • La isla de los marinos de mierda. Círculo Rojo (con obra gráfica de Miguel Pereira)
  • 12 horas + el retardo lunar. Círculo Rojo (con obra gráfica de Jorge García-Valenciano)
  • A noite das palabras. Editorial: á sombra. 2016 (con obra gráfica de Antón Sobral) Prosa poética

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Blues para un asasino. First we take Manhattan, 1994 (novela negra, co pseudónimo de Joaquím Fariña). Edicións Xerais de Galicia.
  • Matalote, 2000 (relatos), Editorial Ir Indo.
  • Imitando a Ulyses. Diarios de Navegación, P. F. Taboada, 2012.
  • O cazador de baleas. Círculo Rojo.[cando?]
  • "Sinbad enamorado" (conto fantástico). Editorial Babylon, 2018.
  • "4 mujeres y 1 unicornio" (novela) Lacre - Grupo Editorial Insólitas
  • "El otro MAR. Inquietante. Desconocido. Otro mundo" - (relatos breves) - Círculo Rojo (con dibujos de Mateo Franco)

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Os fillos de Breogán, 1985, Galaxia.
  • Os homes do fin do mundo, 1985, Galaxia.
  • A grande viaxe polo río, 1988, Galaxia.

Biografías[editar | editar a fonte]

  • Conde Cabanelas, 2013, Deputación de Pontevedra.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • A memoria de Vigo, 1994, Xerais
  • Antoloxía do confinamento (poetas galegos e portugueses) 2021, Concello de Pontevedra

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]