Xesús Fernández González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesús Fernández González
Nacemento1876
Lugar de nacementoChantada
Falecemento28 de xaneiro de 1928
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Xesús Fernández González, nado en Chantada[1] en 1870 e finado en Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 1928,[2] foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi sarxento no Batallón Cazadores de La Habana. Colaborou en Gaceta de Galicia e dirixiu en 1900 Las Riberas de Chantada.[3] Secretario do Círculo Católico de Obreros de Chantada en 1905,[4] foi propagandista do deputado Javier García de Leaniz. Colaborou en El Norte de Galicia, El Regional, La Región e Letras Regionales e foi redactor e administrador de El Eco de Santiago. Foi oficial do Concello de Redondela; funcionario de educación, traballou como oficinista na Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela. Cando pechou en setembro de 1924, foi destinado á Escola Normal de Valladolid, aínda que ao mes seguinte foi agregado á Secretaría da Universidade de Santiago de Compostela.[5] En 1921 gañou o certame literario na honra de Armando Palacio Valdés organizado polo Círculo San Fernando de Cádiz coa novela Lo que Dios quiere.[6] En 1925 obtivo o premio de novela curta de El Diario Español de Buenos Aires coa obra Dios te deje ir con bien.[7] Foi correspondente da Real Academia Galega.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Santiago de Compostela con Pastora Vázquez Cobas en 1899[8] e foi pai de María de la Paz e Alfonso Fernández Vázquez[9].

Obras[editar | editar a fonte]

Antón Piruleiro. Lar. 1925.

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Lucha de sentimientos.
  • Prosa de la vida, 1901.
  • Pinceladas, 1909[10].
  • Senda de amargura, 1910[11]. Publicada como folletín en Diario de Galicia en 1918.
  • La resignada, 1920.
  • Montero-Ríos, 1920.
  • Alborada, 1922.[12]

En galego[editar | editar a fonte]

Escribiu en galego unha única obra, a novela Como son os do grorioso. Antón Piruleiro,[13] publicada na colección Lar en 1925.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que Couceiro Freijomil di que naceu en Lugo, o resto dos seus biógrafos e as novas da prensa confirman que era natural de Chantada.
  2. El Compostelano, 28-1-1928, p. 3.
  3. Gaceta de Galicia, 12-1-1900, p. 2.
  4. El Norte de Galicia, 19-8-1905, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 8-10-1924, p. 10.
  6. El Ideal Gallego, 13-11-1924, p. 3.
  7. El Compostelano, 7-11-1925, p. 3.
  8. Gaceta de Galicia, 28-3-1899, p. 1.
  9. El Compostelano, 3-10-1930, p. 3.
  10. El Eco de Galicia, 5-2-1909, p. 1.
  11. El Eco de Galicia, 28-8-1910, p. 1.
  12. Nela, ocasionalmente, os personaxes populares se expresan en galego.
  13. Antón Piruleiro e o título da portada. No interior do libro leva o antetítulo de Como son os do Grorioso.
  14. Iglesias, Xabier. Os libros de Ánxel Casal 29/8/2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]