Xesús Conde González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXesús Conde González
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Castrelos, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xullo de 1979 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , carniceiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsBenedicto Conde González Editar o valor em Wikidata

Xesús Conde González, nado en Castrelos (Vigo) en 1906[1][2] e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1979, foi un carniceiro, escritor e debuxante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Carniceiro de profesión, estudou debuxo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e foi socio fundador da Sociedad Amigos del Arte de Vigo.

Ilustrou Geografía del Reino de Galicia. Colaborou en Galicia, a revista do Centro Gallego de Buenos Aires, e Hispano-Brasileira de São Paulo; nos semanarios La Ráfaga e Galicia Social e nos xornais El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. En radio, traballou nas emisoras La Voz de Vigo, Radio Vigo e Radio Popular de Vigo. Finou en Vigo o 1 de xullo de 1979 aos 73 anos.[3]

Como debuxante foi seguidor da escola de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.[4]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

  • Unha lenda de San Amaro, 1930 (poesía relixiosa; co seu irmán Benedicto).[5]
  • Cousas nosas, 1960 (narrativa).
  • Cando Colás foi á lúa, 1969 (narrativa).[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Lavadores con Nieves Fernández Pérez en decembro de 1939.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Conde González, Jesús". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  2. Outas fontes aforman que naceu en 1909: «A sociedade de "Amigos del Arte" de Vigo» Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Gabinete de Prensa do Concello de Vigo.
  3. Faro de Vigo, 2-8-1981, p. 77.
  4. "Conde González, Xesús". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 560. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  5. "Imaxe da portada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de marzo de 2016. 
  6. O autor enviou un exemplar aos astronautas do Apolo 11. Eles respondéronlle enviándolle unha medalla (GEG).
  7. El Correo Gallego, 10-12-1939, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]