Xerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xerras

Unha xerra ou xarra é unha vasilla de barro, cristal ou outro material co pescozo e boca anchos e unha ou máis asas. Diferéncianse das canecas en que, xeralmente, as xerras son de maior tamaño e posúen bico.

Usos[editar | editar a fonte]

Hainas de diferentes materiais e de elegantes figuras e constitúen tamén un adorno arquitectócnico. As xerras empréganse xa para conservar auga, xa para pór nelas toda sorte de líquidos como viño, aceite, etc.

As xerras utilízanse para servir a auga e o viño na mesa. As fabricadas en cristal teñen a virtude de conservar o líquido fresco na neveira antes de sacalo para beber.

Xerra humorística

Algunhas xerras ofrecen funcionalidades adicionais. Tal é o caso das xerras purificadoras que incorporan un filtro na súa tapa de modo que ao verter a auga ten que pasar obrigatoriamente a través do mesmo.

As xerras de cerámica convertéronse ademais nun obxecto promocional a través do seu deseño gráfico polo que están presentes na maioría das tendas de merchandising. É habitual atopar tamén xerras con lendas humorísticas, alusivas ou picantes polo que se converten a miúdo en obxecto de agasallo.

Xerras de cervexa[editar | editar a fonte]

Xerras de cervexa

Un modelo clásico e popular en moitos países constitúeno as xerras de cervexa. As xerras tradicionais están fabricadas en cerámica con variados motivos, constan dunha só asa e teñen volumes variables chegando tipicamente até un litro. A orixinalidade dos seus deseños converteunas en obxecto de coleccionista.

A xerra toby constitúe un caso particular entre as xerras de cervexa. Reepresenta a un home sentado que suxeita unha xerra nunha man e unha pipa na outra e vai vestido con indumentaria do século XVIII: un abrigo longo e un tricornio. O tricornio forma unha canle para verter a cervexa, xeralmente cunha tapa móbil.

A xerra toby orixinal foi desenvolvida e popularizada polos ceramistas de Staffordshire nos anos 1760s. Ralph Wood é o primeiro candidato. Pénsase que houbo un desenvolvemento similar nas xerras de Delft que se produciron en Holanda. Outros deseños similares fabricáronse por outros ceramistas ao longo de Inglaterra e finalmente noutros países.