Xeografía de Estonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Estonia coas principais cidades.
Mapa de Estonia coas principais cidades.

Situada entre os 57,3º e os 59,5º de latitude e os 21,5º e os 28,1º de lonxitude, Estonia esténdese polas costas orientais do mar Báltico, na parte noroeste da plataforma da Europa oriental. A elevación media é de apenas 50 m.

Os depósitos de xisto bituminoso (ou kukersite) e de pedra calcaria, ben como as forestas que cobren 47% do territorio, desempeñan papeis chave na economía deste país pobre en recursos. A Estonia contén máis de 1.400 lagos (a maioría son moi pequenos, mais o maior, o lago Peipsi, ten 3 555 km² de superficie), numerosos pauis, e 3 794 km de costa recortada con numerosas baías, estreitos e enseadas. O número de illas e illotes está estimado en preto de 1.500, sendo dúas delas suficientemente grandes para constituír condados: Saaremaa e Hiiumaa.

O punto máis elevado é o Suur Munamägi no canto sueste do país (318 m).