Xeodésica
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas matemáticas que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Unha xeodésica é unha curva que une dous puntos tal que para pequenas variacións da forma da curva a súa lonxitude é estacionaria. Do punto de vista práctico, na maioría dos casos a xeodésica é a curva de menor lonxitude que une dous puntos.
Nunha "xeometría plana" (espazo euclidiano), esa curva é un segmento de recta, mais en "xeometrías curvas" (xeometría riemaniana), moi utilizadas por exemplo na Teoría da Relatividade Xeral, a curva de menor distanza entre dous puntos pode non ser unha recta.
Para entender iso poñamos como exemplo de xeometría curva un globo. Se trazarmos unha liña ligando dous puntos distintos dese globo, perceberemos que esa liña non é recta, mais si unha curva.
Ver tamén Xeodesia