Xenia Alexandrovna de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xenia coa emperatriz María Fiodorovna

Xenia Alexandrovna de Rusia, nada o 6 de abril de 1875 e finada o 20 de abril de 1960, foi membro da familia imperial rusa. Era a filla maior de Alexandre III de Rusia e Dagmar de Dinamarca e irmá de Nicolao II de Rusia. Casou co Gran Duque Alexandre Mikhailovich de Rusia co que tivo sete fillos.

Os seus primeiros anos pasounos en San Petersburgo, no Palacio de Inverno. En febreiro de 1880 un grupo nihilista conseguiu facer estoupar unha bomba no palacio e Xenia con toda a súa familia trasladouse ao Palacio Elaguin. Xenia foi testemuña do asasinato de seu avó, Alexandre II, o 13 de marzo de 1881 o que supuxo o a ascenso de seu pai ao trono dos tsares. A familia trasladouse a vivir ao palacio de Gatchina, a 45 km de San Petersburgo. Educada con titores privados, ademais de ruso aprendeu inglés, francés e alemán; tamén aprendeu baile e a tocar o piano. Pasou algunhas tempadas no Palacio de Fredensborg, residencia dos seus avós maternos os reis de Dinamarca e tamén en Langinkoski (Gran Ducado de Finlandia). O 6 de agosto de 1894 casou no Palacio de Peterhof con Alexandre Mihailovich, neto de Nicolao I de Rusia, a quen coñecía desde a infancia. Durante a súa lúa de mel en Crimea enfermou seu pai o tsar, morrendo o 1 de novembro de 1894.

Xenia de moza

Xenia tivo co seu home Alexandre sete fillos:

Xenia coa súa familia



Xenia dedicou moito do tempo como gran duquesa a obras de caridade, pertenceu á Asociación de Mulleres Patrióticas e fundou a Asociación para o Benestar dos Nenos de Traballadores e Pilotos. Ao comezo da Primeira Guerra Mundial Xenia estaba en Londres e partiu inmediatamente cara a Rusia a través de Alemaña pero non puido seguir ao se pechar as comunicacións con Rusia, finalmente puido viaxar para Dinamarca e dende alí dirixirse a Finlandia. Despois do triunfo da Revolución Rusa de 1917 Xenia refuxiouse en Crimea e o 11 de abril de 1919, antes da chegada das tropas bolxeviques a Crimea, conseguiu embarcar no HMS Marlboroough que enviara Xurxo V do Reino Unido para trasladar aos Romanov fóra de Rusia. Xenia fixou a súa residencia en Inglaterra, pasando períodos en Dinamarca para visitar á súa nai. En 1925 o rei Xurxo permitiulle asentarse en Frogmore Cottage, pola precaria situación económica de Xenia.