Xemínidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asteroide (3200) Phaethon, corpo proxenitor das xemínidas, imaxe do 25 de Decembro de 2010, feita co telescopio Cassegrain de 37 cm F14 do Observatorio Winer, Sonoita, Arizona, Estados Unidos (MPC 857)

As Xemínidas son unha chuvia de meteoros de actividade alta. O seu período de actividade estendese entre o 7 e o 17 de decembro. O seu máximo ocorre o día 14 con THZ 120, o que a converte na chuvia de maior actividade do ano.

Son meteoros de velocidade moderada que radian da constelación de Xémini. Aínda que a súa declinación (+33º) convértea nunha chuvia de meteoros setentrional, a súa ascensión recta permite a súa visibilidade dende antes incluso da medianoite.

O corpo proxenitor das Xemínidas é o asteroide (3200) Phaeton. Esta relación foi posta de manifesto tras o descubrimento do asteroide en 1983 polo satélite IRAS (Infrared Astronomical Satellite, ou Satélite Astronómico Infravermello, en galego), e foi a primeira chuvia claramente relacionada cun asteroide. Aínda que se cre que dito asteroide é tan só un cometa extinto, e as partículas foron exectadas hai séculos. Os astrónomos David Jewitt e Jing Li , da UCLA (Universidade de California en Los Angeles) estudando as imaxes do asteroide (3200) Phaethon preto do perihelio, tomadas pola sonda STEREO da NASA no ano 2009, descubriron que mostraban un repentino brillo que non pode ser explicado pola dispersión dun corpo inerte sólido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]