Xelea de Wharton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xelea de Wharton, a envolver ás arterias e a vena umbilical.

A xelea de Wharton, tamém coñecida coma xelatina de Wharton, é un líquido viscoso que se atopa principalmente no cordón umbilical, e que envolta ás arterias e á vea umbilical. Constitúe o tecido conectivo laxo mucoso, e está conformado por células mesenquimais que logo hanse de converter en fibroblastos inmaduros.

Nun corte histolóxico obsérvase o cordón umbilical cunha estrutura triangular, na que as dúas arterias fican na base do triángulo e a vea no vértice. Todas estas estruturas están envoltas pola xelea de Wharton.