Xares, A Veiga
| Xares | |
|---|---|
| Igrexa de Santa María de Xares. | |
| Concello: | A Veiga |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2004) 82 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 1 |
Santa María de Xares é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 82 habitantes (43 mulleres e 39 homes), nunha entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes.
Índice |
[editar] Historia
Era a parroquia de presentación do marquesado de Figueiredo, sendo o lar propio coñecido como Casa de Lamela.
[editar] Patrimonio
A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XI, en 1010, sendo reformada no século XVI. Ten planta de cruz patriarcal, propia do románico, e fachada neoclásica. Na cúpula hai catro esculturas, representando a dous mestres e dous peóns, con inscricións nun deles. Hai unha cruz de 1624, doada por Alonso Ponce de León, familiar do Santo Oficio. No templo consérvanse libros de rexistro de 1583.
A parroquia aínda conserva moitos muíños, algúns de orixe medieval, aproveitando cantidade de cursos fluviais.
[editar] Turismo
Ademais de diversas casas de turismo rural, en Xares hai un hotel de 3 estrelas. Dous dos atractivos son a pesca, principalmente no río Xares, e a caza.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xares, A Veiga.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Xares
| Lugares da parroquia de Xares no concello da Veiga (Ourense) | |
|---|---|