Xaque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.


Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess kdl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess rdd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess bld45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess ndd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess kll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
Rei branco en xaque doble. O cabalo moveuse desde d5.

No xogo de xadrez, un xaque é unha ameaza inmediata de capturar ao rei. Dise que un rei ameazado deste xeito atópase en xaque. Esta ameaza ocasionalmente tamén se usou no xadrez para a ameaza inmediata á raíña, como "Xaque á raíña", aínda que xeralmente non se menciona este ultimo xaque e varia se se ha de mencionar ou non segundo o regulamento seguido.

A palabra "xaque" vén do persa shāh = rei, a través do árabe.

Debe eliminarse a ameaza, dun dos seguintes modos:

  • Capturando a peza atacante.
  • Interpondo unha peza entre a peza atacante e o rei (o cal non é posible se a peza atacante é un cabalo).
  • Movendo o rei a unha casa que non estea ameazada.

Se non é posible realizar ningunha destas tres opcións, trátase dun xaque mate e a partida conclúe coa vitoria do xogador que conseguiu dalo.

Un xaque dobre dáse sempre cun xaque á descuberta, é dicir, cando o bando que aplica o xaque moveu unha peza que ademais de dar xaque permite que outra peza tamén o de mediante a liberación da súa acción cara ao rei contrario. Véxase o diagrama como exemplo.

Unha regra a ter en conta é que o xogador atacante ao mover unha peza e ameazar ao Rei contrario, deberá "cantar" (dicir), Xaque, ou Xaque Mate.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]