Xapón - 日本

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
日本国
Nihon-koku / Nippon-koku

Xapón
Bandeira do Xapón Escudo do Xapón
Bandeira Escudo
Lema: 平和と進歩 (Heiwa to Shinpo)
(Xaponés: Paz e progreso)
Himno nacional: Kimigayo
 
Japan (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Toquio
13.185.502 (2011)
Cidade máis poboada Toquio
(metro. 35.682.460)
Linguas oficiais
Xaponés1

Forma de goberno Monarquía parlamentaria
Akihito
Shinzō Abe
Formación
• Fundación
• Constitución Meiji
• Constitución actual
• Trat. S. Francisco

11 de febreiro de 660 a.C.
29 de novembro de 1890
3 de maio de 1947
28 de abril de 1952
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 62º
377.944 km²
0,8
0 km
34.751 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 10º
126.659.683 (2012 est.)
337,1 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2012)
 • PIB per cápita
Posto 3º
US$ 5.984.000 millóns
US$ 46.895
PIB (PPA)
 • Total (2012)
 • PIB per cápita
Posto 3º
US$ 4.616.000 millóns
US$ 36.179
IDH (2011) 0,901 (12º) – Moi alto
Moeda Ien (¥, JPY)
Xentilicio Xaponés, xaponesa
Fuso horario
 • en verán
UTC+9
Non se aplica
Dominio de Internet .jp
Prefixo telefónico +81
Prefixo radiofónico 8JA-8NZ / 7JA-7NZ / JAA-JSZ
Código ISO 392 / JPN / JP
Membro de: ONU, OSCE, APEC, G-8

1 A lingua xaponesa non está recoñecida como lingua oficial do Estado,aínda que é a lingua nacional. Están recoñecidas, a parte de diferentes dialectos xaponeeses, a lingua ainu e a lingua ryukyuense.

Tódolos países do mundo
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

O Xapón (en xaponés: 日本, Nihon ou Nippon; oficilamente 日本国, Nihon-koku ou Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo oeste polo océano Pacífico e polo leste polo Mar do Xapón, ó leste está China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o Mar de Ojotsk ao norte, até o Mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan "sol-orixe", polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".

O país nipón é un arquipélago composto por 6.852 illas. As catro máis grandes e principais illas son Honshu, Hokkaido, Kyushu e Shikoku, que en conxunto constitúen aproximadamente o noventa e sete por cento da superficie terrestre nacional. O Xapón é ademais o décimo país máis poboado do mundo, con máis de 127 millóns de habitantes. A área metropolitana de Toquio, capital de facto, é a concentración urbana máis grande do mundo con máis de 35 millóns de habitantes.

Investigacións arqueolóxicas indican que as illas estaban habitadas xa no Paleolítico Superior, aínda que non hai ningunha referencia escrita que fale do Xapón até o século I, aparecendo por primeira vez nos textos de historia da China. Se dalgún xeito pode definirse a historia do Xapón e por pasar por distintas etapas de gran influencia estranxeira, seguidas posteriormente de longos períodos de illamento. Dende o século XII até o ano 1868, o Xapón foi gobernado por sucesivas ditaduras militares feudais (Shogunato|shogunatos) en nome do Emperador. Este longo período de illamento no que estaba sumerxido, non terminou até o ano 1853 cando unha frota dos Estados Unidos presionou para forzar a súa apertura a Occidente.

Logo de case dúas décadas de conflito interno e insurrección, o emperador Meiji foi restaurado como Xefe de Estado en 1868. Este, proclamou o Imperio do Xapón e convertuse no símbolo divino da nación. A finais do século XIX e comezos do XX, unha serie de vitorias en distintas guerras permitiron ampliar o territorio do Imperio durante un período de crecente militarismo. Tras formar parte da Segunda Guerra Mundial, a súa andadura militar chegou á súa fin en 1945 logo do bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki. Dende a adopción da Constitución revisada de 1947, o Xapón manten unha monarquía constitucional unitaria, cun Emperador (Tennō) e un parlamento democrático chamado Kokkai (Dieta do Xapón).

Unha das principais potencias mundiais, o Xapón é a terceira economía mundial máis grande tanto polo seu PIB nominal como pola súa paridade de poder adquisitivo. É tamén o cuarto maior exportador e impotador mundial. Aínda que o Xapón renunciou oficialmente ao seu dereito a declarar a guerra, mantén unha forza militar moderna usada para funcións de autodefensa e mantemento da paz, co sexto maior orzamento mundial. Despois de Singapur, é o Estado coa menor taxa de homicidios (incluíndo os homicidios en grao de tentativa) do mundo. De acordo co Ministerio de Sanidade, as mulleres xaponesas teñen a segunda maior esperanza de vida e, segundo as Nacións Unidas, tamén a terceira menor taxa de mortandade infantil global.

Índice

Etimoloxía [editar]

A verba Xapón (Nippon/Nihon 日本, significado literal: 'a orixe do sol'), ven do chino: pinyin rì běn, Wade-Giles jih pen, o oriente, o lugar desde o que sae o sol. O carácter 日 é a evolución dun círculo cun punto central que representa ao sol, e 本 representa a raíz dunha árbore e tamén ten o significado de orixe. A expresión «país do sol nacente» fai referencia a esta etimoloxía do nome en xaponés.

O nome en xaponés, Nippon, é utilizado en selos e en eventos deportivos internacionais, mentres que Nihon é empregado máis comunmente dentro do Xapón. A versión occidental e galega, Xapón, provén do nome chinés. Na lingua malaia a palabra china transformouse en Japang e foi máis tarde adoptada polos mercadores portugueses do século XVI. Estes últimos foron os primeiros en introducir o nome en Europa.

Historia [editar]

Artigo principal: Historia do Xapón.

Segundo a lenda escrita no Kojiki e no Nihonshoki (dous antigos libros), O Xapón foi fundado no século VII a. C. polo Emperador Jinmu. Durante os séculos V e VI, o sistema caligráfico chino e o budismo introducíronse xunto outros costumes chinos a través da península coreana ou directamente dende China. Os emperadores foron os gobernantes oficiais, mais tamén existían poderosos nobres, rexentes ou shoguns (gobernadores militares) con poder.

Durante o século XVI, mercadores de Portugal, dos Países Baixos, de Inglaterra e de España chegaron a Xapón e fundaron misións cristiás.[1][2] No 1549, chegou ao Xapón para predicar o cristianismo o misioneiro español xesuíta San Francisco Javier tras desembarcar en Kagoshima, Kyushu, aproveitando as rotas comerciais portuguesas.[3] A comezos do século XVII, o shogunato comezou a sospeitar das misións cristiás, considerándoas precursoras dunha conquista militar por forzas europeas e, como medida de protección, ordenou o encerro de Xapón a toda relación co mundo exterior a excepción de contactos restrinxidos con mercadores chinos e neerlandeses na cidade de Nagasaki. Este illamento prolongouse durante 251 anos, até o 1854, no que o comodoro estadounidense Matthew Perry obrigou a apertura do Xapón a Occidente baixo o Tratado de Kanagawa.

Un samurai na súa armadura (1860).

Durante un longo período, o restablecido contacto con Occidente provocou trocos na sociedade xaponesa. Tras un forte conflito civil denominado Guerra Boshin, o shogunato foi obrigado a renunciar e o poder recaeu no emperador. A Restauración Meiji de 1868 iniciou varias reformas. O sistema feudal foi abolido e numerosas institucións occidentais foron adoptadas, incluíndo un sistema legal e de goberno occidentais, xunto con outras reformas no económico, social e militar que transformaron a Xapón nunha potencia mundial. Como resultado da guerra chino-xaponesa e da guerra ruso-xaponesa, Xapón anexionouse Taiwán, Corea e outros territorios ao seu imperio en expansión.

Así se afianzou de maneira definitiva como unha potencia mundial e a única de Asia. Despois da Primeira Guerra Mundial, 1918, Xapón ocupaba unha sólida posición no Afastado Oriente; contaba coa mariña máis poderosa da zona, exercía gran influencia sobre China e beneficiarase economicamente da guerra (ocupábase dos pedidos dos países asiáticos, aos que o resto das potencias non lograban atender).

Durante a década dos anos 1920, apareceron problemas que a democracia non puido resolver. Por un lado, os grupos máis conservadores como a milicia, os pares, etc. que se encontraban posicionados na cámara alta do parlamento e no Consello, consideraban que a democracia era moi débil. A corrupción dentro do goberno era insostíbel, as acusacións entre os membros da Cámara Baixa provocaban continuamente disturbios. O auxe comercial que acadara trala Primeira Guerra Mundial minguou cando, no 1921, Europa empezou a recuperarse. Tivo nefastas consecuencias da Gran depresión, aumento das tarifas dos países estranxeiros para os produtos xaponeses e a pobreza que se reflectiu no norte onde os labregos culpaban ao goberno nipón da súa miseria (moitos campesiños uníanse ao exército). A suma destes problemas e a actitude de China, tratando de desprazar os negocios xaponeses, derivou na invasión a Manchuria (setembro de 1931). Esta invasión produciuse sen a autorización do goberno nipón.

Cando o primeiro ministro Inukai reprobou os actos extremistas, foi asasinado por un grupo de oficiais (maio de 1932), o seu sucesor considerou que debía apoiar as accións do exército e así foi que durante os 13 anos seguintes, o goberno adoptou un estrito control da educación, fortalecemento do arsenal bélico e unha política exterior agresiva apuntada a conquistar territorios. Isto culminou na segunda invasión a Manchuria, desatando unha segunda guerra chino-xaponesa (1937-1945).

O Xapón atacou a base naval estadounidense de Pearl Harbor en decembro de 1941, o cal levou ao país norteamericano a declarar a guerra ao Imperio xaponés no marco da Segunda Guerra Mundial. Despois dunha longa campaña no Pacífico, Xapón perdeu Okinawa e foi forzada a retroceder ás catro illas principais. O exército estadounidense atacou Tokio, Osaka e outras cidades con bombardeos estratéxicos convencionais e en Hiroshima e Nagasaki con dúas bombas atómicas. Xapón finalmente aceptou a capitulación incondicional ante o exército estadounidense o 15 de agosto de 1945 dando con isto fin á guerra.

Finalizado o conflito, o exército estadounidense ocupou o territorio xaponés até 1952, tralo cal Xapón comezaría unha moi importante recuperación económica que devolvería a prosperidade ao arquipélago. Okinawa permaneceu ocupada até 1972, e actualmente, o exército estadounidense mantén diversas bases nesta illa. O 17 de xaneiro de 1995 o terremoto de Kobe causou a morte de 6,433 persoas. Durante o marzal do mesmo ano a seita Verdade Suprema levou a cabo un ataque no metro de Tokio que causa a morte a 12 persoas e feridas a máis de 1.000. En outubro de 1998, condénase coa sentencia de cadea perpetua ao máximo responsable da seita, e pena capital a outro dos membros fundadores.[4] Máis tarde, un novo ataque terrorista no aeroporto de Narita fixo perigar a celebración dos Xogos Olímpicos de Inverno de Nagano 1998, mais ao final celebráronse tal e como estaban previstos en febreiro de 1998.[4]

Política [editar]

Artigo principal: Política do Xapón.

O Xapón ten un sistema político democrático e pluripartidario. Todos os cidadáns adultos teñen o dereito ao voto e a concorrer nas eleccións nacionais e locais. Hai seis grandes partidos políticos. O máis forte deles, o Partido Liberal Demócrata, está no poder desde 1955.

O Xapón ten un réxime monárquico. De acordo coa constitución xaponesa, o emperador é o símbolo do Estado e da unidade do pobo. El non posúe poderes relacionados ao Goberno.

A monarquía xaponesa é a máis antiga monarquía ininterrupta do mundo. O actual emperador, Akihito, subiu ao trono en 1989. El e maila súa esposa, a emperatriz Michiko, teñen tres fillos. O emperador e demais membros da familia imperial viven no Palacio Imperial de Toquio.

Prefecturas [editar]

Artigo principal: Prefecturas do Xapón.

As 47 Prefecturas do Xapón son as seguintes:

Japan prefectures.png
Flag of Japan.svg Prefecturas de Xapón
Observación: En xaponés úsanse as seguintes palabras para designar as 47 Prefecturas do país: to (metrópole),(territorio), fu (Prefectura urbana), e ken (outras Prefecturas ou departamentos). Así, Xapón está formado por 47 to-dō-fu-ken.

Xeografía [editar]

Artigo principal: Xeografía do Xapón.
Xapón

O Xapón é un país insular que se estende ao longo da costa leste, ou Pacífica, da Asia. As illas principais, de norte a sur, son: Hokkaido, Honshu, Shikoku e Kyushu, conxunto destas 4 illas maiores tamén chámase Hondo. Alén destas illas maiores, o Xapón inclúe numerosas illas máis pequenas, preto de 3.000, parte das cales constitúen as illas Ryukyu, que se estenden ao sueste de Kyushu ata preto de Taiwan. Nas illas Ryukyu tamén fica Yonaguni, a illa máis occidental do Xapón.

Arredor do 73% do país é montañoso, cunha cordilleira a ocupar o centro de cada unha das illas principais. A montaña máis alta do Xapón é o famoso monte Fuji, con 3.776 m de altitude.

Economía [editar]

Artigo principal: Economía do Xapón.

As principais actividades económicas do Xapón concéntranse nas illas de Hokkaido, Honshu, Shikoku e Kiushu. Para acurtar a distancia entre as illas, os enxeñeiros xaponeseses construíron dous túneles e unha ponte entre Honshu e Kiushu. Entre Honshu e Shikoku estanse construíndo dúas grandes pontes; un inmenso túnel de 54 km liga Honshu e Hokkaido.

Cerca do 80% do territorio xaponés presenta un relevo montañoso. As montañas das illas Honshu, Shikoku e Kyushu exhiben unha vasta vexetación tropical. A illa de Hokkaido está cuberta pola taiga. Esas condicións permitiron unha intensa utilización da madeira, mesmo para a construción de embarcacións.

Aínda tendo un relevo maiormente montañoso, o cultivo tradicional é o arroz (rizicultura). mais hai moito que o país se dedica tamén á pesca, explotada simultaneamente por pequenas e grandes empresas. Atópanse pequenos portos pesqueiros por toda a súa área costeira, principalmente no litoral do Océano Pacífico, que ten as augas máis ricas en peixe.

Ata a metade do século XIX, a rizicultura foi a principal actividade económica do Xapón. Iso mostra o espírito traballador do pobo xaponés que, ao longo da historia, precisou conquistar un medio natural particularmente inhóspito para as actividades agrícolas: apenas o 16% do territorio xaponés son planicies.

A rizicultura transformou a chaira de Kanto na zona máis densamente poboada do país. Iso garantiu un mercado consumidor para a industria que se estabeleceu na era Meiji.

A ocorrencia de catro estacións do ano nitidamente marcadas proveñen a calor e humidade que o cultivo do arroz esixe. O emprego de irrigación constante favorece o seu desenvolvemento.

Mesmo despois de terse transformado nun dos países mais industrializados do mundo, o Xapón mantivo a agricultura como unha das súas actividades estratéxicas. Mais os intereses industriais e urbanos medraron nas áreas que foran tradicionalmente ocupada por labouras. A diminución da área cultivada ven sendo compensada polo constante aumento da produtividade, grazas á aplicación de técnicas avanzadas e de novos instrumentos. Hoxe en día, a actividade agrícola xaponesa ten unha importancia máis histórica e cultural, pois é posible importar os outros produtos a prezos ben mais baixos. Un dos focos de conflitos diplomáticos no Xapón é a súa política proteccionista.

Demografía [editar]

Artigo principal: Demografía do Xapón.
Evolución da poboación entre 1872 e 2105. En millóns de habitantes.

Shoshika (少子化) é unha verba de recente creación (anos 1990), que quere dicir «diminución de número de nenos», actualmente empregada para referirse á carencia de cativos cada vez maior na sociedade xaponesa.

Xapón sofre un descenso no seu índice de natalidade (1,3 fillos por muller), causado entre outras razóns polo elevado custo de criar e educar un fillo. Ademais, se a isto lle engadimos o feito de que posúe o terceiro posto na poboación máis lonxeva do mundo (82,07 anos[5]), a combinación de menos nacementos con decesos máis tardíos, fai temer pola viabilidade do sistema de pensións e a dispoñibilidade no futuro de man de obra suficiente. No 2005 por primeira vez o número de xaponeses decreceu, pois rexistráronse menos nacementos que decesos, e prevese para as próximas décadas a continuidade desta declinación da poboación.

En resposta a este problema, o goberno elevou a idade de xubilación. Ademais, en 1999 reforzáronse as leis contra a discriminación das mulleres no trabalo. A súa vez, creáronse tres proxectos: Plan Anxo, Novo Plan Anxo e Unha Proposta Más, todos eles orientados a facilitar que as mulleres poidan traballar e ser mais á vez. Mais estas medidas baten coa forte tradición que existe na sociedade xaponesa.

Como medida complementaria, as empresas solicitan que se baixen as barreiras inmigratorias, para permitir a entrada de man de obra non cualificada, aínda que esta idea está fortemente cuestionada. Como plan a longo prazo, as compañías invisten grandes sumas de diñeiro en investigación e desenvolvemento de robótica, posuíndo uns 410.000 robots dos 720.000 robots industriais que hai no mundo.

Cidades por poboación
Posición Cidade Prefectura Pob. Posición Cidade Prefectura Pob.

Osaka
Osaka
Nagoya
Nagoya

1 Tōkyō (23 barrios especiais) Tōkyō 8.483.050 11 Hiroshima Hiroshima 1.159.391
2 Yokohama Kanagawa 3.579.133 12 Sendai Miyagi 1.028.214
3 Ōsaka Ōsaka 2.628.776 13 Kitakyūshū Fukuoka 993.483
4 Nagoya Aichi 2.215.031 14 Chiba Chiba 924.353
5 Sapporo Hokkaidō 1.880.875 15 Sakai Ōsaka 835.333
6 Kōbe Hyōgo 1.525.389 16 Niigata Niigata 813.847
7 Kyōto Kyōto 1.474.764 17 Hamamatsu Shizuoka 804.067
8 Fukuoka Fukuoka 1.400.621 18 Shizuoka Shizuoka 710.944
9 Kawasaki Kanagawa 1.327.009 19 Sagamihara Kanagawa 701.568
10 Saitama Saitama 1.176.269 20 Okayama Okayama 696.172
Censo 2005

Inmigración e emigración [editar]

Estranxeiros no Xapón por nacionalidade, en 2000.

No 2004 o Ministerio de Xustiza do Xapón estimou o número de estranxeiros legais en case dous millóns sendo estes principalmente coreanos, chineses, taiwaneses, brasileiros e filipinos. As outras minorías son, peruanos, norte-americanos, ingleses, tailandeses, australianos, canadenses, indios, iranianos, rusos, entre outros.[6]

Mais o número real de estranxeiros é incerto debido á existencia de moitos inmigrantes ilegais.[7] A maioría dos brasileiros residentes no Xapón son nikkei (descendentes de xaponeses ou cónxuxes de nipo-brasileiros) que viven e traballan legalmente e son coñecidos polos xaponeses como dekasseguis. Brasil empezou a recibir inmigrantes xaponeses en 1908. A maior parte dos inmigrantes chegou na década de 1930 e fixouse sobre todo en São Paulo. Hoxe, a poboación nipo-brasileira é de case 1,5 millóns de persoas, formando a maior colonia de descendentes de xaponeses do mundo. Moitos deses brasileiros de orixe xaponesa ou cónxuxes teñen inmigrado ao Xapón en busca de mellores condicións de vida, formando unha comunidade de cerca de 300 mil persoas no Xapón.[8]

O primeiro gran afluxo de estranxeiros occidentais ocorreu na década de 1980, cando o goberno xaponés aprobou unha política de bolsas de estudo a estudantes estranxeiros en universidades xaponesas. Alén diso, a economía xaponesa crecía rapidamente na década de 1980, e un número considerábel de occidentais comezou a chegar ao Xapón.

Cultura [editar]

Artigo principal: Cultura do Xapón.

A cultura xaponesa foi historicamente influenciada maiormente pola cultura chinesa (grandemente a través do budismo) e, a través dela, polas culturas clásicas grega e indiana, así como pola próxima cultura da Corea. No último século, a cultura xaponesa tivo unha influencia principal da Europa e da América, especialmente da cultura anglosaxoa. O Xapón xerou un complexo único de artes (ikebana, origami, ukiyo-e), técnicas artesanais (bonecas, obxectos lacados, cerámica), espectáculo (danza, kabuki, teatro noh, raku-go), e tradicións (xogos, onsen, sento, cerimonia do té), alén dunha culinaria única.

O Xapón actual é un dos maiores exportadores do mundo de cultura popular. Os debuxos animados, filmes, literatura e música xaponeses acadaron popularidade en todo o mundo, e especialmente nos outros países asiáticos. Incluso a relixión zen está a ser exportada ao Occidente con relativo éxito.

Deportes [editar]

Tradicionalmente, considérase o sumo como o deporte nacional xa que é un dos deportes máis populares.[9] Artes marciais como o judo, karate e kendo tamén son amplamente practicados e gozan dun considerable número de espectadores no país. Despois da Restauración Meixi, moitos deportes occidentais foron introducidos e empezaron a propagarse no sistema educativo.[10] A Liga Xaponesa de Béisbol foi establecida en 1936 e hoxe en día é un dos deportes máis populares. No 2006 obtivo o primeiro campionato de béisbol, o Clásico Mundial de Béisbol, volvendo a ganar o clásico tamén no 2009 contra Corea.

Dende o establecemento da Liga de Fútbol Profesional en 1992, o fútbol tamén adquiriu numerosos seguidores.[11] Ademais foi sede da Copa Intercontinental entre 1981 e 2004 e co-anfitrión da Copa Mundial de Fútbol 2002 xunto a Corea do Sur. A Selección de fútbol de Xapón é tamén un dos mellores equipos de fútbol en Asia, ganando a Copa Asiática en tres ocasións.

Tamén é popular o golf,[12] ao igual que o automobilismo e a Fórmula Nippon.[13]

A mellor participación de Xapón nos Xogos Olímpicos foi no 2004 cando obtivo 37 medallas. Nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008 tamén tivo unha actuación destacada con nove ouros, seis pratas e dez bronces, sendo finalmente oitava no medalleiro só por detrás de China, Estados Unidos, Rusia, Reino Unido, Alemaña, Australia e Corea do Sur.

Festas [editar]

Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Aninovo 元旦
Gantan
Segundo luns de xaneiro
(ata 1999, 15 de xaneiro)
Día da maioría de idade 成人の日
Seijin non hi
11 de febreiro Día da
Fundación Nacional
建国記念日
Kenkoku kinenbi
3 de marzo Día das nenas ガールズデイ Gāruzudei
20 de marzo Día do
equinoccio de primavera
春分の日
Shunbun non hi
29 de abril Día do verdor みどりの日
Midori non hi
3 de maio Día da Constitución 憲法記念日
Kenpō kinenbi
5 de maio Día dos nenos 子供の日
Kodomo non hi
Terceiro luns de xullo Día do mar 海の日
Umi non hi
Terceiro luns de setembro
(ata 1999, 15 de setembro)
Día do respeito
aos anciáns
敬老の日
Keirō non hi
Arredor do 23 de marzo Día do
equinoccio de outono
秋分の日
Shūbun non hi
Segundo luns de outubro
(ata 1999, 10 de outubro)
Día do deporte 体育の日
Taiiku non hi
3 de novembro Día da cultura 文化の日
Bunka non hi
23 de novembro Día de grazas 勤労感謝の日
Kinrō kansha non hi
23 de decembro Aniversario do
emperador Akihito
天皇誕生日
Tennō tanjōbi

Notas [editar]

  1. Chan, Lesley (1999). "3. Historia.". Japón. Barcelona: AA Publishing / Granica. pp. 192. ISBN 84-7577-493-8. 
  2. Ibeas, Juan Manuel (traductor) (1991). Asia oriental. Tierras y gentes. Volumen II (1º ed. ed.). Editorial Debate. pp. 166 páxs.. ISBN 84-7444-483-7. 
  3. "Conoce Japón - Religión" (en Castellano). http://www.es.emb-japan.go.jp/japon_religion.htm. Consultado o 20 de setembro de 2009. 
  4. 4,0 4,1 Geografía e historia-Japón. Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo Americana. Suplemento actualizador 1997-1998. Madrid, Espasa Calpe, 1999. ISBN 84-239-4368-2
  5. The World Factbook. CIA. (en inglés)
  6. Ministerio de Xustiza do Xapón. Rexistro de estranxeiros. Visitado o 31 de outubro de 2009.
  7. Ministerio de Xustiza do Xapón. Residentes estranxeiros ilegais. Visitado o 31 de outubro de 2009.
  8. MAEDA, Toshi. Brasileiros e japoneses reúnem 500 mil em Carnaval em Tóquio
  9. "Sumo: East and West". http://www.pbs.org/independentlens/sumoeastandwest/sumo.html. Consultado o 31 de outubro de 2009. 
  10. "Culture and Daily Life". http://www.uk.emb-japan.go.jp/en/facts/culture_dailylife.html#sports. Consultado o 31 de outubro de 2009. 
  11. "Soccer as a Popular Sport: Putting Down Roots in Japan" (PDF). http://www.tjf.or.jp/takarabako/PDF/TB09_JCN.pdf. Consultado o 31 de outubro de 2009. 
  12. Fred Varcoe. "Japanese Golf Gets Friendly". http://metropolis.co.jp/tokyo/604/sports.asp. Consultado o 31 de outubro de 2009. 
  13. Len Clarke. "Japanese Omnibus: Sports". http://metropolis.co.jp/tokyo/623/sports.asp. Consultado o 31 de outubro de 2009. 

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]