Xan Bouzada

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xan Bouzada Fernández, nado en Lugo en 1951 e falecido o 5 de maio de 2008 en Vigo, foi un sociólogo galego.

[editar] Traxectoria

Licenciado en Socioloxía pola Universidade de Toulouse - Le Mirail e Doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, era profesor titular de socioloxía na Universidade de Vigo, estaba considerado un dos meirandes expertos en Socioloxía da cultura en Galicia. Entre as súas investigacións destacan as realizadas sobre o tema da emigración, a sociolingüística ou a política cultural dos concellos.

Foi tamén director do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, da revista Cooperativismo e Economía Social e membro do consello de redacción da revista Grial.

[editar] Principais obras

  • Cultura e participación (2003)
  • O proceso de normalización do idioma galego (2002-03)
  • Familia e comunidade: a familia como actor nos procesos de desevolvemento local (2001)
  • Cultura e desenvolvemento local (2001)
  • Cultura e concellos. As estratecias de promoción cultural no ámbito local (2000)
  • O desenvolvemento comunitario local (1999)
  • Políticas culturales y sociedad democrática (1999)
  • Mapa cultural de Galicia: A situación socio-cultural dos concellos galegos (1991)
Ferramentas persoais