Xátiva - Xàtiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xátiva - Xàtiva
Escut de Xàtiva.svg Bandera de Xativa.png
Situación xeográfica
Localización de Xátiva respecto ao País ValencianoLocalización de Xátiva respecto á comarca da Horta Sud
Estado: España
Comunidade autónoma: País Valenciano
Provincia: Valencia
Comarca: Costera
Xeografía
Altitude: 115 msnm
Superficie: 76,60 km²
Poboación
Poboación total: 29.363 hab. (2008)
Densidade de poboación: 373,33 hab./km²
Xentilicio: Xatibín/ina
Información
Código postal: 46800
Alcalde: Alfonso Rus Terol (PP)
Sitio na web: Ajuntament de Xàtiva

Xátiva (en valenciano Xàtiva) é unha cidade do País Valenciano, capital da comarca da Costera. Historicamente, Xátiva foi unha das poboacións máis importantes do Reino de Valencia, rivalizando ata con Valencia e Orihuela, as outras dúas cidades máis importantes na época foral. Así, como Orihuela e Segorbe tiñan a súa sede episcopal, Xàtiva era a segunda cidade en votar en cortes.

Actualmente conta con 30.334 habitantes, incluíndo as pequenas pedanías integradas de (Annauir, Sorió, Torre d'En Lloris), e a pesar de que o seu peso demográfico actual é menor, continua a ser unha da cidade de referentes históricos e culturais.

Os habitantes de Xátiva chámanse xativíns, aínda que popularmente son coñecidos por socarrats, porque as tropas de Filipe V queimaron a cidade durante a Guerra de Sucesión Española. O ensañamento do rei foi tal con ista cidade que lle chegou a muda-lo nome polo de Nueva Colonia de San Felipe e os seus habitantes deportados cara A Mancha. Por este motivo o retrato deste rei esta cara abaixo no Museu de L'Almodí da cidade.

Índice

Xeografía [editar]

Filipe V no Museu de l'Almodí de Xátiva.

Situado entre as cuncas do río Albaida e do seu afluente o río Cànyoles. O seu término, ten perímetro moi desigual, xa que fóra do termo conta con varios enclaves territoriais, destacando pola súa extensión o Realeng.

A cidade está enclavada aos pés do cerro do castelo (Castell) cuxas ladeiras chegan a ocupar algunhas casas, estendéndose ata a parte máis cha da veiga.

Vista de Xátiva.

Acceso [editar]

Accédese a esta cidade, dende Valencia, a través da A-7 para enlazar coa N-340. Tamén enlaza coa autovía A-35 ata Almansa e desde aí ao centro peninsular. Tamén conta con estación de ferrocarril da liña de C-2 Proximidades Valencia.

Barrios e pedanías [editar]

No termo municipal de Xátiva atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:

  • Annauir
  • El Realenc
  • Sorió
  • Torre d'En Lloris

Clima [editar]

O clima en Xátiva é clima mediterráneo, aínda que pola súa situación relativamente alonxada da costa e entre vales (formando una Foia (Pota)), os veráns son máis calorosos que noutras zonas do País Valenciano, rexistrándose frecuentemente as máximas de toda a zona e de toda a península no verán.

Demografía [editar]

Xátiva conta con 28.597 habitantes (INE 2007); un 9,0% de eles é da inmigración.[1]

Evolución demográfica de Xátiva[2]
1707[3] 1708[4] 1787[5] 1808[6] 1814[7] 1829[8] 1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2007
12.000 400 12.665 12.000 10.872 12.596 15.747 14.099 12.600 12.737 14.148 15.087 18.263 18.092 19.896 21.578 23.755 24.586 25.478 28.474 30.334

Entre o censo de 1887 e o anterior, Xátiva recibiu un incremento poboacional ao incorporarse o municipio desaparecido de Annauir.

Gastronomía e festas [editar]

Castelo de Xátiva.
Vista nocturna da catedral.

Son pratos moi coñecidos o arroz ao forno, o arnadí. Dende 1250, celébrase por privilexio real de Jaume I a Fira de Xàtiva.

A celebración da Semana Santa tamén se vive con grande intensidade. Así como a celebración do Corpus Christi coa típica procesión de xigantes e cabezudos.

Notas [editar]

  1. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842. Series de poboación dos municipios dende 1996.
  3. Antes do Asedio de Xátiva, segundo Isaïes Blesa Duet en A destrución de Xátiva en 1707 e o goberno da cidade no exilio, ed.Ulleye,Xátiva,2007,pag.75
  4. idem.
  5. Un pouco máis de 12.000 segundo Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.156
  6. MªPilar Hernando Serra e Ramon Aznar i Garcia, Xátiva durante a guerra do Francés, 1808-1814, Matéu Impresores,Xátiva, 2002, pax.25
  7. Idem.pax.103
  8. Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.156