Wombat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wombat
Vombatus ursinus -Maria Island National Park.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 branco gl.svg
Datos insuficientes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Subclase: Marsupialia
Orde: Diprotodontia
Suborde: Vombatiformes
Familia: Vombatidae
Xénero: Vombatus
Especie: V. orsinus
Nome científico
Vombatus orsinus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O wombat é un marsupial cuadrúpede orixinario de Australia. As súas patas son curtas e mide aproximadamente un metro de longo, cunha cola moi curta. Vive en zonas de bosque, montaña e en uceiras do sueste de Australia e en Tasmania. O termo wombat provén da lingua eora falada pola comunidade aborixe que vivía na rexión de Sydney.

Características[editar | editar a fonte]

Os wombats cavan extensos sistemas de tobos cos seus dentes dianteiros, semellantes aos dos roedores, e as súas potentes poutas. Unha adaptación característica do wombat é a súa bolsa que se abre cara atrás, o cal impide que lle poida entrar terra á cría mentres o wombat cava. Son animais de costumes crepusculares e nocturnos, aínda que é tamén posible que estean activos en días fríos ou anubrados.

A súa dieta componse de herbas, xuncas, cascas e raíces. Os seus dentes incisivos aseméllanse aos dos roedores placentarios.