Wolverhampton Wanderers Football Club
| Nome | Wolverhampton Wanderers Football Club | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Wolves, The Wanderers |
||
| Fundación | 1877 | ||
| Estadio | Molineux Stadium, Wolverhampton, Inglaterra |
||
| Inauguración | 1889 (renovado en 1993) | ||
| Capacidade | 29.400 | ||
| Propietario | |||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | The Championship | ||
| 2011–12 | 20º (Premier League) | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
O Wolverhampton Wanderers Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Wolverhampton en West Midlands. Foi fundado en 1877 co nome de St. Luke's por John Baynton, Jack Addenbrooke e Jack Brodie. Actualmente xoga na Barclays Premier League.
Índice |
Historia [editar]
En 1893 o equipo gaña a primeira FA Cup da súa historia (1-0 sobre o Everton). Ata a data os Wolves xogaron oito finais de Copa.
En 1954 o equipo gaña a súa primeira Liga en Primeira División -actual Premier-. Vitorias sobre clubs con prestixio en Europa, como o Real Madrid e o Honved húngaro foron a inspiración para que a UEFA crease a Copa Europea de clubs, actual UEFA Champions League.
En 1974 e 1980 o equipo gaña as dúas Copas da Liga (actual Carling Cup) que adornan as súas vitrinas, mercé a sendas vitorias sobre Manchester City e sobre o entón todopoderoso Nottingham Forest. Desgraciadamente, ese foi o principio dun grave declive que os levou, tras sucesivos descensos, á Cuarta División en 1986 (o anterior caso deste grave declive foi o Bristol City en 1982).
O 18 de abril de 2008 o equipo logra o regreso á elite 5 anos despois tras a súa vitoria ante o Queens Park Rangers. O 25 de abril de 2009 o equipo logra o seu terceiro título de liga en Championship -Nivel 2-, tras empatar a un o o campo do Barnsley, logrando así o ansiado ascenso á Premier League.
Uniforme [editar]
- Uniforme titular: Camiseta ocre dourado, pantalón negro e medias ocre dourado.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio [editar]
- Artigo principal: Molineux Stadium.
Molineux Stadium é a casa deportiva do Wolverhampton Wanderers Football Club, ten unha capacidade para aproximadamente 30.000 espectadores, foi fundado en 1889 e remodelado en 1993 por última vez.
Palmarés [editar]
Torneos nacionais [editar]
- Football League First Division (3): 1953-54, 1957-58, 1958-59
- Copa de Inglaterra (4): 1892-93, 1907-08, 1948-49, 1959-60
- Football League Cup (2): 1973-74, 1979-80
- Football League Second Division (3): 1931-32, 1976-77, 2008-09
- Football League Third Division (1): 1988-89
- Football League Third Division North (1): 1923-24
- Football League Fourth Division (1): 1987-88
- Community Shield (4): 1949, 1954, 1959, 1960
- Football League Trophy (1): 1987-88
- Texaco CUP: 1970-71
Torneos internacionais [editar]
- Subcampión da Copa da UEFA (1): 1971-72
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en inglés)
|
|||||||||||||||||