Wiyanawanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wiyanawanda foi unha cidade de Asia Menor, próxima ao territorio de Ahhiyawa (que era a zona costeira de Caria e sur de Xonia). Coa conquista do Reino de Arzawa sobre o -1315, pasou aos hititas. Foi afectada pola revolta de Piyama-radu, pero Hattusilis III foi cun exército á zona e presentouse na cidade cando se dirixía a Ahhiyawa.