Winslow Homer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Winslow Homer
Nacemento24 de febreiro de 1836
Lugar de nacementoBoston
Falecemento29 de setembro de 1910
Lugar de falecementoProuts Neck e Maine
SoterradoCemitério de Mount Auburn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterArt Students League of New York
Ocupaciónpintor, fotógrafo, gravador e ilustrador
PaiCharles Savage Homer
NaiHenrietta Maria Benson Homer
IrmánsCharles Savage Homer, Jr.
Coñecido porTwo Girls with Sunbonnets in a Field, Man With A Scythe, Corn Husking, The Morning Bell, Boy and Girl in a Field with Sheep, Sandy Beach with Breakers, Luz solar e sombra, Farmyard with Ducks and Chickens, The Butterfly, The Yellow Jacket, The Watermelon Boys, The Bean Picker, Man with a Knapsack, Robert Junkins' Garrison House, York, Maine, Autumn Tree Tops, Mountain Wagon, A Country Lad e Gathering Autumn Leaves
Na rede
Musicbrainz: fe98d2bb-3b90-4048-91eb-6927cc4ce919 Discogs: 2175387 WikiTree: Homer-2 Find a Grave: 495 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Breezing Up, 1876.

Winslow Homer, nado en Boston o 24 de febreiro de 1836 e finado en Prout's Neck, Maine o 29 de setembro de 1910, foi un pintor norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1854 comezou a traballar como aprendiz de litógrafo en Boston e en 1857 estableceuse en Nova York pola súa conta, con encargos para revistas como Ballou's Pictorial e Harper's Weekly.

En 1859, abriu o seu propio estudio e comeza a súa carreira como pintor, en 1861 realiza as súas primeiras pinturas ao óleo. En 1863 Harper's Weekly enviouno á fronte durante a Guerra Civil americana para facer ilustracións da guerra e de escenas mundanas, que non tiveron moita aceptación no seu tempo, pero que tiveron moita influencia no seu traballo posterior. De volta ao seu estudio realizou numerosas pinturas baseadas nas experiencias vividas na fronte, caracterizadas polo seu realismo e obxectividade; entre as súas pinturas destacan Sharpshooter on Picket Duty e Prisoners from the Front.

En 1867 viaxa a París e pinta paisaxes ensaiando coas posibilidades pictóricas da luz.

De volta aos Estados Unidos pinta escenas da vida idílica no rural ou de nenos a xogar. En 1873 realiza a súa primeira serie de acuarelas, cun estilo natural, limpo, fresco e espontáneo. En 1875 realizou as últimas ilustracións para o Harper's Weekly e visita por vez primeira Prout's Neck, preto de Scarborough.

En 1881 viaxa a Inglaterra, pasando un tempo na localidade de Cullercoats, Northumberland, onde pinta aos pescadores e o mar, restrinxiu a súa paleta e deixou a violencia presente nas súas obras anteriores

En 1883 establécese definitivamente en Prout's Neck, nun ambiente de soidade, pasando moitos invernos en Nassau, Cuba e Florida e algúns veráns en Adirondacks, onde pintou Jumping Trout (1889), unha das súas obras máis coñecidas. Céntrase no estudo das zonas mariñas, con cadros como Banks Fisherman, Eight Bells, Gulf Stream, Rum Cay ou Mending the Nets.

Colección de acuarelas no Museo Metropolitano de Arte[editar | editar a fonte]