Windows 3.x

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  
Desenvolvedor
Familia de S.O.
Lanzamento
En galego
Espazo de usuario
Interface de usuario
Modelo de desenvolvemento
Núcleo
Tipo de núcleo
Licenza
Última versión estable ()
Estado actual
Precedido por
Sucedido por
Sitio web

Windows 3.x é o nome xenérico para a as versións do sistema operativo Windows Windows 3.0, Windows 3.1 e Windows 3.11.

Windows 3.0[editar | editar a fonte]

Windows 3.0 saíu o 22 de maio de 1990, foi a primeira versión de Windows realmente popular, vendeu máis de 10.000.000 de unidades, e puido competir con éxito co Macintosh de Apple Computer e co Commodore Amiga.

Microsoft fixo unha verdadeira reconstrución do sistema operativo para facer un mellor uso da memoria do microprocesarodes Intel 80286 e Intel 80386, podendo redireccionar a memoria máis aló dos 640 KB. Tiña un administrador de programas e un administrador de arquivos ademais de Combo Boxes, menús xerárquicos e arquivos INI privados para cada aplicación.

A versión Windows 3.0a, lanzada a fins de 1991 tiña extensións multimedia que permitían o soporte de unidades de CD-ROM e tarxetas de son

Windows 3.1[editar | editar a fonte]

Windows 3.1 saiu ao mercado o 18 de marzo de 1992, incluía versións para fontes True Type e OLE

Windows 3.1 para traballo en grupos[editar | editar a fonte]

Windows 3.1 para traballo en grupos saíu ao mercado en outubro de 1992 e tiña soporte para redes. Unha versión mellorada Windows 3.11 para traballo en grupos saíu en decembro de 1993.