Wim Mertens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wim Mertens
Naceu 14 de maio de 1953
Orixe Neerpelt
Instrumento(s) piano, guitarra, voz

Wim Mertens, nado en Neerpelt o 14 de maio de 1953, é un compositor, cantante contratenor, pianista e guitarrista belga.

Biografía[editar | editar a fonte]

Mertens estudou Ciencias Sociais e Políticas na Universidade de Leuven (graduándose en 1975), así como Musicoloxía na Universidade Ghent; tamén estudou Teoría Musical e piano no Real Conservatorio de Gent e Bruxelas. En 1978, converteuse en produtor no entón BRT (Radiotelevisión Belga). Para Radio 2 (Radio Brabant) produciu concertos de Philip Glass, Steve Reich, Terry Riley, Meredith Monk, Urban Sax e outros, e tivo un programa chamado Funky Town xunto con Gust De Meyer (co que gravou o CD experimental For Amusement Only).

Coñecido sobre todo como compositor desde os últimos anos setenta, Mertens é recoñecido pola súa obra Struggle for Pleasure, a cal foi elixida como música para os anuncios do operador de GSM belga Proximus. É tamén coñecido pola súa peza Maximizing the Audience, que foi composta para a obra de Jan Fabre The Power of Theatrical Madness, estreada en 1984 en Venecia, Italia. O estilo de Mertens, aínda que en continua evolución durante o transcurso da súa prolífica produción, roza o minimalismo, a música ambiental e o avant-garde, normalmente, en calquera caso, preservando a melodía das incursións que realiza nos mundos que explora.

A música de Mertens foi usada na película de 1987 de Peter Greenway The Belly of an Architect, xunto coa de Glenn Branca. Mertens tamén gravou baixo o nome «Soft Verdict» e é o autor do libro American Minimal Music, acerca da escola da música repetitiva americana, tamén chamada "minimalista".

En marzo de 1998 Mertens converteuse no Embaixador Cultural de Flandres.

En agosto de 2007 Mertens asinou un contrato con EMI Music Belgium, selo que prepara un ambicioso plan de relanzamento de todo o repertorio anterior do compositor a partir de xaneiro de 2008. O seu "oeuvre intégralle" estará dispoñible de forma dixital e para todo o mundo. Pero primeiro EMI presentou o 24 de setembro de 2007 o traballo máis recente de Mertens, un album de 9 composicións titulado Receptacle. Para este album Mertens decidiu traballar cunha orquestra composta unicamente por mulleres, 17 en total. Non é a primeira vez que EMI e Mertens traballan conxuntamente, xa que en 1999 a banda sonora da película de Paul Cox Pai Damián foi editada por este selo discográfico.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • For Amusement Only - The Sound of Pinball Machines (1982)
  • At Home - Not At Home (1982)
  • Vergessen (1982)
  • Close Cover (1983)
  • Struggle For Pleasure (1983)
  • The Power Of Theatrical Madness (1984; Sinxelo de edición limitada)
  • A Visiting Card (1984)
  • Usura (1985)
  • Maximizing The Audience (1985)
  • Close Cover (2) (1986)
  • A Man Of No Fortune, And With A Name To Come (1986)
  • Hirose (1986)
  • Instrumental Songs (1986)
  • Educes Me (1987)
  • The Belly Of An Architect (1987)
  • Whisper Me (1988)
  • After Virtue (1988)
  • Motives For Writing (1989)
  • No Testament (1990)
  • Play For Me (1990)
  • Alle Dinghe Part I: Sources of Sleeplessness (1991)
  • Alle Dinghe Part II: Vita Brevis (1991)
  • Alle Dinghe Part III: Alle Dinghe (1991)
  • Stratégie De La Rupture (1991)
  • Hufhuf (1991; Sinxelo tomado de Stratégie De La Rupture, con material nunca antes publicado)
  • Houfnice (1992)
  • Retrospectives Volume 1 (1992)
  • Shot And Echo (1993)
  • A Sense Of Place (19932)
  • Epic That Never Was (1994)
  • Gave Van Niets (Promo; novembro de 1994)
  • Gave Van Niets Part I: You'll Never Be Me (novembro 1994)
  • Gave Van Niets Part II: Divided Loyalties (novembro 1994)
  • Gave Van Niets Part III: Gave Van Niets (novembro 1994)
  • Gave Van Niets Part IV: Reculer Pour Mieux Sauter (novembro 1994)
  • Jeremiades (abril 1995)
  • Entre Dos Mares (1996)
  • Lisa (abril 1996)
  • Jardin Clos (outubro 1996)
  • As Hay In The Sun (outubro 1996)
  • Piano & Voice (decembro 1996)
  • Sin Embargo (outubro 1997)
  • Best Of (novembro 1997)
  • In 3 Or 4 Days (1998; Sinxelo tomado de Integer Valor, inclúe material nunca antes editado)
  • Integer Valor (1998)
  • And Bring You Back (1998)
  • Father Damien (1999)
  • Integer Valor - Intégrale (1999)
  • Kere Weerom Part I: Poema (1999)
  • Kere Weerom Part II: Kere Weerom (1999)
  • Kere Weerom Part III: Decorum (1999)
  • If I Can (2000)
  • Rest Meines Ichs (2000; Sinxelo vendido xunto a Der Heisse Brei)
  • Der Heisse Brei (2000)
  • At Home - Not At Home (2001)
  • Aren Lezen (Promo, 2001)
  • Aren Lezen Part I: If Five Is Part Of Ten (2001)
  • Aren Lezen Part II: Aren Lezen (2001)
  • Aren Lezen Part III: Kaosmos (2001)
  • Aren Lezen Part IV: aRe (2001)
  • Years Without History Volume 1 - Moins De Mètre, Assez De Rythme (2002)
  • Years Without History Volume 2 - In The Absence Of Hindrance (2002)
  • Years Without History Volume 3 - Cave Musicam (2002)
  • Wim Mertens Moment Box set que inclúe Vergessen, Ver-Veranderingen (gravado en 1981 pero sen editar), The Belly Of An Architect, Struggle For Pleasure, Motives For Writing, Maximizing the Audience, Instrumental Songs, If I Can, For Amusement Only, Educes Me, At Home - Not At Home, After Virtue e A Man Of No Fortune, And With A Name To Come (2002)
  • Years Without History Volume 4 - No Yet, No Longer (2003)
  • Skopos (2003)
  • Years Without History Volume 5 - With No Need For Seeds (2004)
  • Shot and Echo/A Sense Of Place (2004; inclúe material nunca antes editado)
  • Un respiro (2005)
  • Partes Extra Partes (2006)
  • What you see is what you hear (2006; DVD)
  • Receptacle (2007)
  • Years Without History - Vol. 7 - Nosotros [Gaasbeek 14.7.2002] (2008)
  • Years Without History - Vol. 6 - The Promise Kept In Advance [Lisbon 6.6.1999], (2008, incluído dentro da coleccion que contén os seis primeiros volumes da serie)
  • L´heure Du Loup (2008)
  • Music And Film (2009; recopilatorio de 3 discos con más de 20 cortes nunca antes editados)
  • The world tout court (2009)
  • QUA (2009; colección de 37CDs cos ciclos Alle Dinghe, Gave Van Niets, Kere Weerom e Aren Lezen)
  • Zee versus zed (2010)

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mertens, Wim (1983). American Minimal Music. Translated by J. Hautekiet. Preface by Michael Nyman. London: Kahn & Averill; White Plains, New York: Pro/Am Music Resources Inc. Foi publicado por primeira vez en Bélxica no ano 1980. ISBN 1-871082-00-5; ISBN 0-912483-15-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]