Wim Eijk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Willem Jacobus Eijk
e
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1953 en Duivendrecht, Países Baixos
Ordes
Ordenación sacerdotal1 de xuño de 1985, por Joannes Baptist Matthijs Gijsen
Consagración episcopal6 de novembro de 1999, por Adrianus Johannes Simonis
Creado cardeal18 de febreiro de 2012, por Bieito XVI
Arcebispo metropolitano de Utrecht
2007 - actualidade
PredecesorAdrianus Johannes Simonis
Outros

Escudo de Wim Eijk
Ficha en catholic-hierarchy.org

Willem Jacobus Eijk, nado o 22 de xuño de 1953 en Duivendrecht (Países Baixos), é un eclesiástico católico latino holandés, cardeal, e arcebispo de Utrecht dende o 11 de decembro de 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote da diocese de Roermond o 1 de xuño de 1985 polo seu bispo Joannes Gijsen.

O 17 de xullo de 1999 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Groninga. Recibiu a consagración episcopal o 6 de novembro, de mans do arcebispo de Utrecht Adrianus Johannes Simonis.

O 11 de decembro de 2007 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Utrecht. No consistorio do 18 de febreiro de 2012, o mesmo papa creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Callisto.