Willkamayu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa mitoloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
- Willkamayu é tamén o nome en quechua do río Urubamba
Willkamayu (quechua, "río sagrado") é o río estelar, vía Láctea para os antigos peruanos, que simboliza o retorno das augas dende o Amazonas ou da Mama Qucha ou nai Océano Pacífico. Ás veces este río do ceo é visible durante o día e móstrase coma un arco da vella. Ten entre as súas constelacións máis visibles a Llama, a Perdiz (Lluthu), a Cruz (Chacana), o Suche (Such'i), e estrelas coma Pacha Paqariq, Ch'aska entroutras.