William Takaku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Takaku
Falecemento 3 de xaneiro de 2011
Port Moresby, Papúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea
Profesión Actor, guionista e director de teatro
Ficha na IMDb

William Takaku, finado o 3 de xaneiro de 2011[1] [2], foi un actor papú de cine, televisión e teatro. Tamén foi guionista e director de teatro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi durante un tempo director do National Theatre Company de Papúa Nova Guinea.

Ademais, co-escribiu xunto con Albert Toro, e dirixiu a miniserie de televisión Warriors in Transit (1992).[3] Takaku tamén dirixiu o grupo de Teatro Provincial de Milne Bay.

Como actor, protagonizou xunto con Pierce Brosnan o filme Robinson Crusoe (1997), interpretando o personaxe de Venres. Tamén interpretou a Magnus na miniserie de televisión The Violent Earth (1998).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lone farewell for Takaku", Post Courier, 7 February 2011
  2. Reported in The National, 4 January 2011
  3. Thompson, Liz (18 October 2000). "Warriors in Transit: Theatre in Papua New Guinea". arTok — Pacific Arts Online ("an ABC Online-Radio Australia initiative"), hosted on the Australian Broadcasting Corporation's website. Accessed 1 de xullo de 2012.
  4. Database (undated). "William Takaku". Internet Movie Database. Accessed 1 de xullo de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]