William Smith O'Brien
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado con Irlanda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con Irlanda que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
William Smith O'Brien (en irlandés Liam Mac Gabhann Ó Briain), nado en Newmarket-on-Fergus o 17 de outubro de 1803 e finado o 18 de xuño de 1864, foi un nacionalista irlandés, deputado e líder do movemento Irlanda Nova. Condeado por sedición pola revolta de 1848, a súa sentenza foi conmutada pola deportación á Terra de Van Diemen. En 1854 foi liberado a condición de exilarse de Irlanda, pasando a vivir en Bruxelas durante dous anos. En 1856, O'Brien foi indultado e regresou a Irlanda, mais non volveu entrar en política.