William Maddock Bayliss
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
William Maddock Bayliss, nado en Wolverhampton en 1860 e finado en Londres en 1924, foi un fisiólogo inglés.
[editar] Traxectoria
Estudou en Londres e Oxford. En 1888 obtén un posto de profesor no University College de Londres e comeza a colaborar con Ernest Starling, con quen en 1902 descobre a secretina, hormona do páncreas.
Escribiu The Nature of Enzyme Action (1908), The Vaso-Motor System (1923). A súa mellor obra é Principles of General Physiology (1915), considerado o mellor libro sobre o tema na época.