William Jones (matemático)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Jones.

Sir William Jones (nado en Llanfihangel Tre'r Beirdd - Anglesey en 1675 – e morto en Londres o 3 de xullo de 1749) foi un matemático galés coñecido pola súa proposta de empregar a letra grega π como símbolo matemático do número pi, letra que xa utilizara anteriormente William Oughtred. Euler foi o que a popularizou. Foi pai de William Jones, considerado o pai da indoeuropeística.


Obra[editar | editar a fonte]

Jones publicou diversas Synopsis Palmariorum Matheseos en 1706, trátase dun traballo que pretende introducir os principiantes nos teoremas de cálculo diferencial e das series infinitas. A navegación foi un tema que interesou a Jones ata tal punto que o seu primeiro traballo publicado é un compendio sobre a arte de navegar. En 1731 publicou Discourses of the Natural Philosophy of the Elements.