William DuVall
| William DuVall | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 6 de setembro de 1967 (45 anos) |
| Orixe | Atlanta, Georgia |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | músico, compositor |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | voz, guitarra |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Alice in Chains, Comes with the Fall, Bl'ast, Neon Christ, Awareness Void of Chaos, No Walls, MadFly |
| Tempo en activo | 1983 - actualidade |
| Web | |
William DuVall (nado o 6 de setembro de 1967 en Atlanta, Georgia) é un músico estadounidense coñecido por ser o actual vocalista da banda Alice in Chains, substituíndo a Layne Staley despois da súa morte. DuVall tamén é co-fundador, vocalista, guitarrista e letrista de Comes with the Fall.
Biografía [editar]
Primeiros anos [editar]
A carreira musical de DuVall comezou a principios dos anos 80 na escena hardcore punk de Atlanta. A súa primeira banda chamábase Awareness Void of Chaos.
En 1983 tocou no controvertido grupo de hardcore punk Neon Christ, contribuíndo con guitarras e letras aos seus álbums. Neon Christ tiña fortes lazos con Corrosion of Conformity e Bl'ast. Cunhas pequenas xiras pola costa leste estadounidense e dous álbums, a banda comezou a gañar popularidade. O grupo usou esta popularidade para apoiar moitas causas de caridade como poder traballar co músico e activista Fela Anikulapo Kuti.
O grupo desfíxose en 1986, reunindose os membros orixinais para un único concerto o 24 de decembro do 2004.
Despois da primeira separación de Neon Christ, DuVall foi brevemente o segundo guitarrista da popuular banda californiana de hardcore punk Bl'ast, contribuindo un pouco na camposición do seu segundo álbum, It's In My Blood, editado a través do selo SST Records, fundado por Greg Ginn da banda de hardcore punk Black Flag. Porén, DuVall non pasou tempo suficiente no grupo como para gravar o álbum.
DuVall pasou os últimos anos dos 80 coa banda No Walls, que editou só un álbum. Nesa época tamén estivo na universidade facendo un grao de filosofía, especializándose en relixión.
A finais dos 90, DuVall fundou a banda Madfly con Nico Constantine, Bevan Davies e Jeffery Blount, sendo o seu guitarrista, vocalista e compositor. O grupo editou dous álbums, Get the Silver e White Hot In The Black, ambolosdou a través do porpio selo de DuVall, DVL Recordings.
En 1999 DuVall, Bevan e Nico formaron Comes With The Fall, engadindo a Adam Stanger como baixista. A banda editou o seu primeiro álbum no ano 2000 e o segundo ao ano seguinte. Comes With The Fall comezou a xirar con Jerry Cantrell, actuando como teloneiros e como o seu grupo ao vivo nas súas xiras Degradation Trip en 2001 e 2002. No ano 2002 editaron un álbum ao vivo acompañado por un DVD, no 2006 apareceu o EP The Reckoning e o álbum Beyond The Last Light no 2007.
Alice in Chains [editar]
Despois de varias colaboracións musicais con Cantrell, DuVall finalmente entrou en Alice in Chains como vocalista, para ocupar o lugar deixado por Layne Staley tras a súa morte no ano 2002.
No 2007 Alice in Chains comezou a xirar con Velvet Revolver e Kill Hannah. A xira The ReEvolution tivo dúas partes: a primeira foi por varias cidades europeas e polo leste dos Estados Unidos; a segunda, á que tamén se lle chamou "The Libertad Tour", foi principalmente unha xira campo a través por pequenas cidades estadounidenses, que se extendeu a tres cidades de Canadá. Por vez primeira despois de 15 anos Alice in Chains saíu de xira por Australia, sendo o segundo cabeza de cartel, despois de Nine Inch Nails, do festival Soundwave Festival. Esa foi a primeira visita de DuVall a ese país.
O 29 de setembro do ano 2009 foi editado o álbum Black Gives Way to Blue, o seu primeiro traballo co grupo.
|
|||||||||||||||||