William Boeing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William E. Boeing.

William Edward Boeing, nado en Detroit (Míchigan) o 1 de outubro de 1881 e finado o 28 de setembro de 1956, foi un pioneiro da aviación estadounidense, fundador da compañía Boeing.

Estudou na Universidade de Yale, que abandonou en 1903 para iniciarse a súa carreira no próspero negocio da madeira no noroeste dos Estados Unidos. No ano 1916 acabaría fundando Boeing (orixinalmente chamada B&W) co seu socio George Conrad Westervelt.