William Beaumont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Beaumont
Nacemento21 de novembro de 1785
Lugar de nacementoLebanon
Falecemento25 de abril de 1853
Lugar de falecementoSt. Louis
Causacaída
SoterradoBellefontaine Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónmédico militar, cirurxián e fisiólogo
Premiosdoutor honoris causa
Na rede
WikiTree: Beaumont-551 Find a Grave: 9315 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

William Beaumont, nado o 21 de novembro de 1785 e finado o 25 de abril de 1853, foi un cirurxián militar estadounidense, coñecido como "Pai da fisioloxía gástrica" polos seus estudos da dixestión humana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

William Beaumont, fillo de Samuel e Lucretia Abel Beaumont, naceu en Lebanon, Connecticut.[1] En 1811 William aprendeu medicina co doutor Truman Powell en St. Albans, Vermont. Entre 1812 e 1815, Beaumont serviu como cirurxián do exército durante a Guerra de 1812. Despois da fin da guerra montou unha consulta médica privada en Plattsburgh, Nova York, pero en 1819 Beaumont volveu ingresar no exército como cirurxián con destino en Fort Mackinac. Beaumont volveu deixar o exército en 1821, e antes de volver de novo ó seu posto casou con Deborah Green Platt en Plattsburgh.

Experimentos con St. Martin[editar | editar a fonte]

Do libro de Beaumont Experiments and Observations on the Gastric Juice and the Physiology of Digestion, 1833 (p. 27)

O 6 de xuño de 1822, un empregado da American Fur Company da Illa Mackinac de nome Alexis St. Martin recibiu, accidentalmente, un disparo no estómago. Beaumont tratou as súas feridas pero agardaba a súa próxima morte pola súa gravidade.[2][3] Contra todo prognóstico, St. Martin sobreviviu pero cunha fístula no estómago. Incapacitado para continuar traballando para a súa antiga compañía, Beaumont contratouno.

En agosto de 1825, Beaumont trasladouse a Fort Niagara en Nova York, e Alexis St. Martin acompañouno. Beaumont recoñeceu en St. Martin unha oportunidade única para observar os procesos dixestivos e Beaumont comezou a realizar experimentos usando o estómago de St. Martin. A meirande parte realizáronse atando un anaco de comida a unha argola e insertándoo na fenda do estómago de St. Martin, ás poucas horas Beaumont retiraba a comida e observaba o grado de dixestión. Beaumont tamén extraeu algo de ácido gástrico para a súa análise, levándoo a un descubrimento importante, a dixestión é principalmente un proceso químico, non mecánico. En setembro, Alexis St. Martin deixou a Beaumont partindo para o Canadá, deixando a Beaumont Beaumont concentrado nas súas obrigas como cirurxián militar.

Durante 1826 e 1827 Beaumont estivo destinado en Fort Howard en Green Bay, Wisconsin. En 1828 foi transferido a St. Louis, Missouri. Mentres estaba en camiño recibiu ordes de dirixirse a Fort Crawford en Prairie du Chien, Wisconsin para tratar a malaria, el permanecería alí os seguintes cinco anos; mentres estaba alí conseguiu que Alexis St. Martin volvera ao seu servizo. En 1831 Beaumont relizou outra serie de experimentos no estómago de St. Martin que ían desde a observación da dixestión normal ós efectos que a temperatura, o exercicio ou mesmo as emocións tiñan no proceso dixestivo.

Publicación e novas investigacións[editar | editar a fonte]

Lápidas de William e Deborah Beaumont (Life and Letters of Dr. William Beaumont, p. 295)

Beaumont deixou o exército en 1832 e trasladouse a Washington, D.C. atopándose con St. Martin unha vez máis, e realizando outra serie de experimentos sobre a diferente dixestión de varios tipos de alimentos. En 1833, Beaumont volveu a Plattsburgh, onde escribiu un libro sobre os seus experimentos na dixestión titulado Experiments and Observations on the Gastric Juice and the Physiology of Digestion. En 1834, Beaumont de novo volveu ó exército, destinado St. Louis. Deixou definitivamente o servizo en 1839, exerceu a medicina privada en St. Louis ata a súa morte en 1853.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Myer, Jesse S. (editor) (1912). Life and Letters of Dr. William Beaumont. St. Louis: C. V. Mosby Company. 
  2. Beaumont, William (1838). Experiments and Observations on the Gastric Juice and the Physiology of Digestion. Edimburgo:Maclachlan and Stewart. 
  3. Rom Harré (1981). Great Scientific Experiments. Oxford:Phaidon. pp. 39 – 47. ISBN 0-7148-2096-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]