William Barak
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tumba e lápida de Barak no cemiterio de Coranderrk
William Barak (ou Beruk) (1824 - 15 de agosto de 1903), foi o último ngurungaeta (líder tribal) dos Wurundjeri, asentados arredor da área do que hoxe é Melbourne, Australia. Chegou a ser un portavoz de influencia para os aborixes australianos e un impulsor importante da cultura Wurundjeri.
