William Elford Leach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Elford Leach
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1790 Editar o valor em Wikidata
Plymouth Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 1836 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
San Sebastiano Curone (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCólera Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGran Bretaña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Universidade de St Andrews
Barts and The London School of Medicine and Dentistry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBiologia marinha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , biólogo mariño , aracnólogo , carcinólogo , entomólogo , naturalista , malacólogo , zoólogo , ornitólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaLeach Editar o valor em Wikidata
Premios

William Elford Leach, nado o 2 de febreiro de 1790 en Hoe Gate (Plymouth, Reino Unido) e finado o 26 de agosto de 1836 en Palazzo San Sebastiano (Tortona, Xénova, Italia), foi un zoólogo e biólogo mariño inglés, membro da Royal Society (FRS).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leach foi fillo dun avogado.[1] Á idade de doce anos foi á escola en Exeter, para estudar anatomía e química.[1]

Alí, recollía mostras mariñas en Plymouth Sound e ao longo da costa de Devon. Aos dezasete anos iniciou os estudos de medicina no Hospital St. Bartholomew en Londres, terminando a carreira na Universidade de Edimburgo e na de St Andrews.[2]

Debuxo de Libinia emarginata en A Zoological Miscellany, de Leach, autor que describiu esta especie de centola en 1815.

En 1813 Leach regresou aos seus intereses zoolóxicos e foi empregado como bibliotecario auxiliar na Sección Zoolóxica do Museo Británico.[1]

Alí dedicouse a ordenar as coleccións, moitas das cales foran abandonadas desde que deixou o Museo Hans Sloane. Durante este tempo foi conservador auxiliar da sección de historia natural, converténdose nun experto en crustáceos e moluscos. Tamén traballou en insectos, mamíferos e aves.[3]

A nomenclatura de Leach era un tanto excéntrica. Nomeou vinte e sete especies baseadas no nome do seu amigo John Cranch (quen as recolectara en África antes de morrer no navío da Armada Británica HMS Congo).

E en 1818 nomeou nove xéneros baseados en Caroline ou anagramas deste nome, posibelmente en alusión ao nome da súa amante.[1]

En 1821 sufriu unha depresión nerviosa debido ao exceso de traballo e dimitiu do seu posto no museo en marzo de 1822. A súa irmá máis vella levouno á Europa continental a convalecer, e viaxaron a través de Francia, Italia e Grecia.

Morreu de cólera no Palazzo San Sebastiano, cerca de Tortona, ao norte de Xénova.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

As obras que escribiu durante a súa estancia no Museo Británico son as seguintes:[2]

  • The Zoological Miscellany (1814–1817).
  • Monograph on the British Crabs, Lobsters, Prawns and other Crustacea with pedunculated eyes (1815–1817).
  • Systematic catalogue of the Specimens of the Indigenous Mammalia and Birds that are preserved at the British Museum (1816).
  • Synopsis of the Mollusca of Great Britain (circulou desde 1820, pero só se publicou en 1852).

Eponimia[editar | editar a fonte]

O petrel de Leach (Oceanodroma leucorhoa), foi denominado así na súa honra, tras a súa morte, por Coenraad Jacob Temminck en 1820, non sendo consciente de que fora descrito previamente por Vieillot. Un espécime desta ave comprárao Leach en nome do Museo Británico por 5,15 £ na venda da colección de William Bullock en 1819. Na mesma venda comprou tamén un arao xigante (Pinguinus impennis) e un ovo por só 16 £.

O picapeixe de ás azuis (Dacelo leachii) tamén se nomeou no seu honor, en 1827, por Vigors e Horsfield.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Leach emprégase para indicar a William Elford Leach como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 David M. Damkaer (2002). "Adding pages". The Copepodologist's Cabinet: A Biographical and Bibliographical History, Volume 1. Memoirs of the American Philosophical Society, Volume 240. American Philosophical Society. pp. 131–155. ISBN 978-0-87169-240-5. 
  2. 2,0 2,1 Thomas Seccombe (1892): "Leach, William Elford", en Sidney Lee, Dictionary of National Biography, 32. Londres: Smith, Elder & Co.
  3. Barbara Mearns & Richard Mearns (1988). Biographies for Birdwatchers. Academic Press. ISBN 0-12-487422-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • BHL The zoological miscellany: being descriptions of new, or interesting animals. Tres vols. 1814–1817.
  • BHL Malacostraca podophthalmata Britanniae. 1815.
  • BHL Molluscorum Britanniæ synopsis. 1852, editado por John Edward Gray.
  • BHL Leach's Systematic catalogue of the specimens of the indigenous mammalia and birds in the British Museum. 1882, editado por Osbert Salvin.