Willi Ninja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilli Ninja

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1961 Editar o valor em Wikidata
Middletown, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de setembro de 2006 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte por SIDA (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesWilli Ninja Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarín , coreógrafo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0632466 Musicbrainz: 80c4a9b3-91fb-4cdd-bf5c-05815c93d8ca WikiTree: Leake-1105 Editar o valor em Wikidata

William Roscoe Leake, coñecido como Willi Ninja, nado no barrio de Queens, Nova York, o 12 de abril de 1961 e morto na mesma cidade o 2 de setembro de 2006, foi un bailarín afroamericano e coreógrafo, coñecido especialmente a raíz da súa aparición no filme documental Paris is Burning.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un bailarín autodidacta que perfeccionou o seu estilo nos anos oitenta. Ninja foi durante anos un personaxe importante dos bailes de drags dos clubs de Harlem, interpretando corografías inspiradas por Fred Astaire, a ximnasia deportiva, o contorsionismo das culturas orientais ou o mundo da alta costura, e que resultaron un estilo de danza e de movementos moi persoal. Deste xeito chamou a atención de Jennie Livingston, o director de Paris is Burning, que o escolleu para un papel decisivo dentro do documental. O filme, que foi un éxito de crítica e de recadación, facía un percorrido polo ambiente drag da comunidade homosexual neoiorquina, e serviu de trampolín para Ninja. A partir de aí comezou facer máis aparicións públicas como profesional. De feito, a cantante Madonna recoñeceuno como unha das súas fontes[1], e inmortalizouno no seu tema e no seu vídeo de 1990 "Vogue."

Formou un conxunto estábel de bailaríns, chamado House of Ninja (Cas Ninja), que era unha combinación de familia extensa e de grupo de baile, e onde el era chamado a Nai. Foi bailarín noutros moitos vídeos musicais, como os de Malcolm McLaren ou Masters At Work. Os seus últimos anos de carreira incluíron desfiles de moda para Jean-Paul Gaultier, actuacións coa compañía de Karole Armitage, ou clases de como camiñar que lle deu á modelo Paris Hilton. Tamén abriu unha axencia de modelos de seu.

Faleceu enfermo de sida.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]