Willem van Blijenburgh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Willem Peter Hubert van Blijenburgh, nado en Zwolle o 11 de xullo de 1881 e finado en Bilthoven o 14 de outubro de 1936, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador de tres medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou nos Xogos Intercalados de 1906, 1908, 1912, 1920 e 1924. Nos de 1912 logrou dúas medallas de bronce en espada e sabre por equipos, e nos xogos de 1920 fíxose co bronce en espada por equipos.

Foi director da academia deportiva da armada en Den Helder e escribiu varios libros sobre educación física.