Willem de Sitter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Willem de Sitter

Willem de Sitter, nado o 6 de maio de 1872 en Snits e finado o 20 de novembro de 1934 en Leiden, foi un matemático, físico e astrónomo neerlandés

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De Sitter, fillo do xuíz Lamoraal Ulbo de Sitter e Catharina Bestling e neto do político liberal e alcalde de Groningen Willem de Sitter estudou matemática e física na Universidade de Groningen,comezando a se interesar pola astronomía. Traballou con Jacobus Kapteyn nun catálogo de estrelas no Observatorio astronómico de Cidade do Cabo en Sudáfrica (1897–1899), despois traballou durante oito anos como axudante de Kapteyn no laboratorio de astronomía de Groningen e en 1908 accedeu á cátedra de astronomía na Universidade de Lieden e foi director do seu observatorio astronómico desde 1919 ata a súa morte.

De Sitter fixo importantes achegas á cosmoloxía física. En 1932 xunto con Albert Einstein publicou o artigo On the Relation between the Expansion and the Mean Density of the Universe[1], na revista Proceedings of the National Academy of Sciences na que conxeturaban que podía existir gran cantidade de materia que non emitise luz, o que agora se coñece como materia escura. De Sitter tamén estableceu os conceptos coñecidos como Espazo de Sitter e Universo de Sitter, unha solución para a teoría da relatividade xeral libre de materia e cunha constante cosmolóxica positiva, o que resulta nun universo baldeiro que se expande exponencialmente. De Sitter tamén foi famoso polas súas investigacións obre o planeta Xúpiter.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Discussion of heliometer-observations of Jupiter’s satellites, Wolters, Groningen (1901)
  • A determination of the inclinations and nodes of the orbits of Jupiter’s satellites, Edimburgo (1906)
  • Derivation of final inclinations and nodes of the orbital planes of Jupiter’s satellites, Londres (1914)
  • Determination of the mass of Jupiter and elements of the orbits of its satellites from observations made with the Cape heliometer (coautores : Sir David Gill e William Henry Finlay), Edimburgo (1915)
  • On the longitude of the sun in the years 1864-1900, and the rotation of the earth, J.Enschedé en Zonden, Haarlem (1927)
  • Orbital elements determining the longitudes of Jupiter’s satellites, derived from observations, J. Enschedé en Zonen, Haarlem (1928)
  • Jupiter’s Galilean satellites : George Darwin lecture, Edimburgo (1931)
  • The size of the universe, Astronomical Society of the Pacific, San Francisco (1932)
  • Kosmos, Harvard University Press, Cambridge (1932)
  • On the expanding universe, Amsterdam (1932)
  • Short history of the Observatory of the University at Leiden, 1633-1933, J.Enschedé en zonen, Haarlem (1933)
  • The astronomical aspect of the theory of relativity, University of California press, Berkeley (1933)
  • On the system of astronomical constants, Haarlem (1937)

Notas[editar | editar a fonte]