Wilhelm Backhaus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilhelm Backhaus, 1907

Wilhelm Backhaus, nado en Leipzig en 1884 e finado en Villach, Austria, en 1969, foi un pianista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no conservatorio de Leipzig con Alois Reckendorf ata 1899 e logo recibiu leccións privadas con Eugen d'Albert en Franckfurt, con dezaseis anos fixo o seu primeiro tour. En 1905 gañou o Premio Rubinstein con Béla Bártok quedando en segundo lugar. En 1930 marchou a vivir a Lugano e converteuse en cidadán suízo.

Backhaus foi particularmente coñecido polas súas interpretacións de Ludwig van Beethoven e da música romántica como a Johannes Brahms. Foi un dos primeiros pianistas en deixar gravacións, gravou case toda a obra de Beethoven e bastante de Brahms e Mozart.