Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A toponimia céltica de Galicia é a totalidade de topónimos de lugares antigos e actuais, ríos (hidrónimos) ou montañas que se crearon coa lingua céltica e polo tanto teñen etimoloxía céltica, e que están ou estaban situados dentro dos límites da Galicia actual. En Galicia, aproximadamente a metade dos topónimos non latinos transmitidos dende a antigüidade nas obras dos autores e xeógrafos clásicos (Pomponio Mela, Plinio o Vello, Ptolomeo etc.), ou en inscricións epigráficas romanas, resultaron ser de orixe céltica, sendo a outra metade maioritariamente indoeuropeas, en todo caso sendo incontestablemente non célticas ou carecendo dunha sólida etimoloxía céltica.