Wikipedia:Sobre Galicia/marzo 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Castelo de Santo Antón é un castelo construído no século XVI que formaba parte, xunto co Castelo de Santa Cruz (en Liáns) e o Castelo de San Diego (en Oza, hoxe desaparecido), dunha rede estratéxica de castelos e baterías para a defensa da cidade da Coruña. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1949 e desde o ano 1994 pasou a ter a consideración de Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento. Dende a súa inauguración no ano 1968 alberga o Museo arqueolóxico e histórico da Coruña

No lugar que hoxe ocupa o castelo, e que era un illote próximo ao porto da Coruña, existía a finais da Idade Media unha capela dedicada a Santo Antón e nela se confinaban aos navegantes co mal coñecido como lume de Santo Antón, sendo tamén utilizado con posterioridade como lazareto.