Wikipedia:Sistema de mentores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Galipedia propón un sistema de mentores para os acabados de chegar para axudalos nos seus primeiros pasos en canto a coñecemento das políticas, ferramentas de edición etc. Se sodes noveis, propoñémosvos que escollades a un mentor da lista de abaixo. Se premedes no nome de usuario accederedes á súa páxina de usuario, onde poderedes atopar os seus intereses, afeccións etc, e onde poderedes contactar con el deixando un comentario na súa páxina de conversa.

  1. Éme igual, un calquera - Contacta!
  2. Elisardojm - Contacta!
  3. Maria zaos - Contacta!

Mentores voluntarios[editar a fonte]

Os usuarios que se ofrecen como mentores son voluntarios, só se espera que teñan unha mínima experiencia e gañas de axudar. Apuntádevos na lista de enriba e tamén en Modelo:Mentor/Aleatorio. Se nalgún momento non podedes atender as solicitudes, sexa porque xa tedes asignados outros ou en previsión de non estar dispoñibles, indicádeo ou dádevos de baixa da lista aínda que sexa provisionalmente.