Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Alumnado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



Descubrir a Galipedia

Es un alumno de primaria ou secundaria e participas nun proxecto escolar na Galipedia? Velaquí atoparás as principais ligazóns a páxinas de axuda que precisas. Ademais, tamén contas con outras ligazóns para explorar antes de comezar coa Galipedia, coa fin de que o teu descubrimento sexa o máis agradable posible .


Ten en conta algo moi importante

Nunca engadas contidos con dereitos de autor ós artigos. Non se poden copiar os contidos doutras páxinas web, libros, artigos etc, salvo que teñan unha licenza libre compatible coa da Galipedia.


> Antes de comezar
Se nunca antes editaches na Galipedia, podes ler algún destes libriños de benvida para coñecer o proxecto:



Tamén te convidamos a ler Wikipedia:Introdución, que é unha presentación rápida da Galipedia (as súas regras principais) que conta cun titorial para a túa primeira contribución.

Finalmente, podes presentarte a ti mesmo na túa páxina de usuario!

> Onde atopar páxinas de axuda?
Na Galipedia as páxinas de axuda son abondosas e moi completas, pero non sempre é doado dar con elas. Podes atopar un bo resumo de contido en Wikipedia:Axuda. A páxina Wikipedia:Cousas que non se deben facer tamén che pode ser de axuda.

É moi recomendable consultar, como mínimo, Axuda:Introdución, que é unha guía paso a paso de como usar o editor visual de artigos.

> Como crear un artigo?
Antes de comezar un artigo, aconsellámoste (para evitar que o teu artigo sexa borrado ) seguir o titorial Wikipedia:Como crear unha páxina, que che explicará:

  • que criterios debe cumprir un tema para ter o dereito de estar nunha enciclopedia como a Galipedia,
  • como crear o teu artigo na práctica.

Se xa tes claro que o artigo que queres crear é axeitado, pero precisas axuda para comezalo, podes usar o Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Temáticos.


> O teu artigo foi borrado e non sabes o porqué?
Se o teu artigo foi borrado e malia iso coidas que atende ós criterios de admisibilidade dos artigos (bótalle un ollo ), podes pedir a súa restauración en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios.

> Queres traballar durante varios días no mesmo artigo?
Se vas a traballar durante varios días no mesmo artigo e non queres que outros usuarios o modifiquen, podes engadir o Modelo:Proxecto escolar ó comezo do artigo. Cando remates a edición tes que borrar ese modelo e podes engadir o Modelo:Mod proxecto escolar na súa páxina de conversa para que quede reflectido que foi modificado dentro do teu proxecto pedagóxico.

> Algunha dúbida?
Se tes preguntas, ben sexan técnicas ou sobre as regras da Galipedia, diríxete á Taberna, onde a comunidade pode responderche  !