Wikipedia:Non faga ataques persoais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non faga ataques persoais na Galipedia. É a túa responsabilidade fomentar e manter unha comunidade positiva na Galipedia. Fai comentarios sobre o contido, non sobre o colaborador. Os ataques persoais raramente axudan a argumentar o teu punto de vista, danan á comunidade da Galipedia e disuaden aos usuarios a crear unha boa enciclopedia.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Recorda que as disputas nas páxinas de conversa son accesíbeis a todas as persoas de Internet. A forma de como se comporta na Galipedia reflíctese na Galipedia e en si mesmo.

Os usuarios poden ser suspendidos por facer ataques persoais repetidamente. Os abusos nos resumos de edición son particularmente malconsiderados.

Sendo sensato[editar | editar a fonte]

Os diferentes editores poden non estar de acordo cun artigo. Os membros de comunidades opostas desexan, razoablemente, expresar as súas opinións. A síntese destas opinións no artigo crea un artigo mellor, máis neutral para todos. Recorda que todos formamos parte da mesma comunidade de igual modo que somos todos galipedistas.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Algúns exemplos específicos de ataques persoais son, pero non están limitados, os seguintes:

  • Comentarios acusatorios como "Paco é un troll" ou "Ana é unha mala editora" poden ser considerados ataques persoais se son efectuados repetidamente, con mala fe, ou coa suficiente malicia.
  • Comentarios persoais negativos do tipo "eu son mellor que ti" ou "non tes unha vida propia".
  • Cualificacións de tipo étnico, racial, sexual, xenófobo ou relixiosos dirixidas contra outro colaborador. O desacordo sobre que constitúe unha relixión, raza, preferencia sexual, ou etnia non é unha escusa lexítima.
  • Utilizar a ideoloxía de alguén como medio para rexeitar ou desacreditar as súas opinións, sen importar se a ideoloxía é dominante ou minoritaria.
  • Insultos dirixidos contra outro editor.
  • Ameazas legais.
  • Ameazas violentas, incluíndo ameazas de morte.
  • Ameazas ou accións que expoñan a outros editores a unha persecución política, relixiosa ou doutro tipo polo goberno, os seus xefes ou outros. As violacións deste tipo poden dar lugar a un bloqueo por un período extenso ou ata definitivo por calquera bibliotecario que descubra este feito. Os bibliotecarios que apliquen esta sanción deben notificar confidencialmente aos membros do Wikipedia:Comité de resolución de conflitos e a Usuario:Jimbo Wales do que fixeron e o porqué.
  • Revelación non autorizada de aspectos da vida privada doutro editor que este elixa non divulgar na súa páxina de usuario, realizados co obxecto de xerar escarnio sobre o mesmo ou debilitar un argumento presentado nunha discusión.

Exemplos que non son ataques persoais[editar | editar a fonte]

Os debates entre galipedistas son unha parte esencial da cultura da Galipedia. Sé cívico e mantente fiel á Wikipetiqueta cando indiques desacordos, para evitar personalizalos, e tenta reducir ao mínimo comentarios contrarios innecesarios. Os desacordos con outros editores poden ser discutidos sin usar o recurso do ataque persoal. É importante non personalizar os comentarios que se dirixen ao contido e accións, pero es igualmente importante non interpretar tales comentarios como ataques persoais. Exemplos específicos de comentarios que non son, pero non están limitados, ataques persoais:

  • Desacordos co contido do tipo "a túa afirmación sobre x é falsa" ou "a túa afirmación é un punto de vista, non un feito" non son ataques persoais.
  • Atáques persoais non inclúen linguaxe cívico para describi-las accións dun editor, e cando están feitos sen a participación do seu carácter persoal, non se deben interpretar como ataques persoais. Afirmar "a súa declaración é un ataque persoal..." non é en si mesmo un ataque persoal, é unha declaración con respecto ás accións do usuario, non unha declaración sobre o usuario. Hai unha diferenza entre "ti es un troll" e "asemella que fixeches afirmacións só para provocar ás persoas", debido a que dende certa perspectiva significa o mesmo pero sen chegar ó nivel de utilizar adxectivos cualificativos. Asimesmo, un comentario como "respondendo á acusación de mala fe do usuario X" nun resumo de edición ou na páxina de discusión non é un ataque persoal contra o usuario X.
  • Un comentario no resumo de edición como "revertir vandalismo" non é un ataque persoal. Non obstante, é importante presumir boa fe cando se fai ese tipo de comentario: se a edición que foi revertida podería ser interpretada como unha edición de boa fe, non a marque coma vandalismo.

Alternativas[editar | editar a fonte]

  • Discute os feitos e como son expresados, non os atributos da outra parte. Isto non significa que esteas de acordo coa outra persoa, mais si está de acordo en estar en desacordo.
  • Non suxiras que unha opinión non é válida por mor simplemente a quen é o seu autor.
  • Examina as cuestións nun foro menos público como o correo electrónico se un debate ameaza con chegar a ser persoal.
  • Se no cres poder responder educadamente, considera a posibilidade de non formular respuesta algunha, ou ben de abandonar a discusión na que esteas involucrado antes de que chegue a transformarse nunha pelexa.
  • Presenta os teus argumentos ante o Wikipedia:Comité de resolución de conflitos.

Remedios[editar | editar a fonte]

Se fuches atacado persoalmente, deberías pedir ó atacante que pare e amosar lle esta política. Se continúa, indica a situación en Wikipedia:Vandalismo en curso.

A eliminación de supostos ataques persoais é un asunto que non conseguiu consenso, xa que pode ser considerado controvertido, na medida en que wikipedistas maliciosos poderían abusar dela para borrar todo o que non lles guste ou interese (incluíndo advertencias por violación de políticas) baixo a escusa de ser un "ataque persoal".

Eliminar ataques persoais obvios da túa páxina de discusión non adoita ser un problema, pero si pode selo se o fas doutras páxinas. En xeral, en páxinas distintas á túa páxina de discusión, a eliminación de textos escritos contra tí debe estar limitada, salvo en circunstancias extraordinarias, ós comentarios que figuran enriba coma claras violacións desta política. Se andas a eliminar supostos ataques persoais frecuentemente, é probable que a túa definición "ataque persoal" non se corresponda coa desta política.

En casos extremos de ataques persoais, un atacante pode ser bloqueado baixo a cláusula de disrupción.

Unha noción errónea: "dalles mentres estean no chan"[editar | editar a fonte]

Hai certos usuarios na Wikipedia que son impopulares, por comportamentos groseiros ou imprudentes no pasado. Tales usuarios puideron estar baixo accións disciplinarias por parte do Comité de arbitraxe. Algúns usuarios poderían pensar que contra este tipo de usuarios é xustificable realizar ataques persoais. Esta noción é totalmente incorrecta: as persoas cometen erros, a miúdo aprenden deles e mudan as súas maneiras. A regra de ataques persoais aplícase a tódolos usuarios, independentemente do seu pasado ou de como son tratados polos demais.