Wikipedia:Efemérides destacadas/11 de setembro
- 1161, morre Melisenda de Xerusalén, raíña de Xerusalén entre 1131 e 1153.
- 1885, nace D. H. Lawrence, novelista inglés (m. 1930).
- 1906, Mahatma Gandhi comeza o Movemento de Non-Violencia.
- 1917, morre Fanny Garrido, escritora galega. (n. 1846)
- 1973, golpe militar en Chile comandado por Augusto Pinochet; nel, é asasinado Salvador Allende.
- 2001, prodúcense uns ataques terroristas (na imaxe) na cidade de Nova York que causan o derrubamento das Torres Xemelgas.
- 2002, morre Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo galego.
Hoxe é a Diada de Cataluña.