Wikipedia:Procura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Redirixido dende Wikipedia:Como procurar un artigo)
Se pretendes realizar unha busca na Wikipedia, considera que hai tres alternativas para localizar os contidos desexados:
- Escribindo no oco de procura e premendo artigo (leva ao artigo do mesmo título se existe na base de datos) ou procura (fai unha busca nos artigos que inclúen o termo procurado, ben sexa no título ben sexa no contido);
- Buscando a partir das categorías. As categorías organizan os artigos tematicamente, polo que permiten navegar organizadamente e acceder asemade á información relacionada con aquilo que se busca.
- Buscando aquí podes listar os artigos da Wikipedia, sendo especialmente útil se queres editar porque atoparás todas as páxinas contidas no proxecto dun xeito máis global, e non só os artigos, tamén outras como os modelos (templates).
Os usuarios rexistrados e administradores animámoste a colaborar e corrixir os nosos artigos (que se fai coa lapela "editar" na parte superior das páxinas) e mesmo introducir novos artigos (visita a páxina Wikipedia:Axuda para máis información).

