Wikipedia:Como doar materiais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wiki-otrs.png

A doazón de imaxes, documentos e calquera outro tipo de arquivos é a única solución para incorporar á Wikipedia materiais que están suxeitos a dereitos de autor.

A doazón non é un procedemento sinxelo e debe conter os seguintes elementos esenciais:

  • O doante debe ter sobre todos os dereitos o material. Non se pode doar un material que non é dun. Tampouco se pode doar un material que foi propiedade dun, pero que posteriormente foi cedido parcial ou totalmente a outro xestor[1].
  • O doante, ou os intermediarios que sexan necesarios, deben comunicarlle esa doazón ao OTRS, a estrutura que se encarga de xestionar os correos recibidos pola Fundación Wikimedia e que é tamén responsable de atender á xestión dos permisos e doazóns. É recomendable tamén que se xunte o correo enviado inicialmente dende a Galipedia ao autor solicitando a doazón, se é que este existe.
  • Nese correo de cesión debe quedar claro, de forma inequívoca, que é o autor e propietario de todos os dereitos, e mais a licenza específica á que se quere acoller. Frases como "permiso para a Wikipedia" ou "poden reusar o material", etc. non son licenzas aceptables.
  • Son campos imprescindibles dese correo: obra en concreto, licenza escollida, data e titular dos dereitos.

Envío do correo[editar | editar a fonte]

O correo ten que enviarse a:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Por exemplo, un pintor cede os dereitos dun cadro que está nunha exposición, pero a foto que chega á Wikipedia dese cadro foi feita por outra persoa que non cedeu os dereitos. Nese caso, non se podería admitir o material.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]