Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Angela Gheorghiu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Angela Gheorghiu[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobada
Período de votación: 7 de decembro de 2015 - 6 de xaneiro de 2016
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobada |
- Proposto por: Piquito (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 00:26 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 07-12-2015 ata o 06-01-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Penso que todos temos dereito a equivocarnos e a recoñecelo. O 9 de novembro pechei a votación para artigo de calidade da soprano romanesa cando só levaba sete días proposta, recoñezo que me engañei e non debía ter feito tal, non hai nada que xustifique esa acción e pido desculpas a toda a comunidade por elo, especialmente a Tommyhilfiger (cuxo voto non valeu para nada e a ben seguro perdeu tempo inutilmente en revisar o artigo) e a Banjo (que se tomou tempo para revisar o artigo e sinalar as súas carencias para nada). Creo que debo pedir desculpas especialmente a Banjo por afirmar publicamente que é mal compañeiro por facer o que fixo (fágoo neste medio porque creo que se o escarnio foi público as desculpas tamén o deben ser). Entenderei perfectamente que a comunidade non participe na votación, non é iso tampouco o que pretendo, simplemente penso que non debín ter pechado a votación e polo tanto reábroa. Non debería abrir esta votación nas condicións nas que está polo momento a do Goberno Provisional Ruso (que é un artigo ben interesante, por certo), mais penso que isto era algo que debía facer e non retrasalo máis. Os méritos do artigo creo que non importan moito neste caso, en todo caso, quen estea interesado os pode ler en calquera das outras votacións. --Piquito (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 00:26 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2015 ás 09:18 (UTC)[responder]
- Concordo. A ver se desta conseguimos que salga. --AMPERIO (conversa) 11 de decembro de 2015 ás 10:28 (UTC)[responder]
- Concordo. --Gobraves (conversa) 12 de decembro de 2015 ás 12:26 (UTC)[responder]
- Concordo.--Victortpr (conversa) 12 de decembro de 2015 ás 14:29 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 12 de decembro de 2015 ás 18:51 (UTC)[responder]
- Concordo.--Breogan2008 (conversa) 14 de decembro de 2015 ás 09:49 (UTC)[responder]
- ( Concordo). Regato das Tres Regueiras
# Concordo. --Plugee (conversa) 14 de decembro de 2015 ás 06:40 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario Paréceme xenial esta proposta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 09:42 (UTC)[responder]
- Comentario. Grazas a Elisardojm, AMPERIO, Gobraves, Victortpr, Miguelferig, Breogan2008, Regato das Tres Regueiras e Plugee por participar na votación, non esperaba esta acollida, espero ter enmendado o erro. Grazas a todos pola confianza e a comprensión. --Piquito (conversa) 5 de xaneiro de 2016 ás 23:32 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Angela Gheorghiu (2015)[editar a fonte]
Votación PECHADA: retirada
Período de votación: 2-11-2015 - 9-11-2015
SI: 1 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: retirada |
- Proposto por: Piquito (conversa) 2 de novembro de 2015 ás 22:20 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 02-11-2015 ata o 02-12-2015.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Recupero a votación de 2014, pechada con tan só dous votos antes da existencia dos anuncios das votacións. É un artigo completo e extenso, ben referenciado e con numerosas ilustración. O único artigo principal do artigo está creado e actualizado a 2015. A estas alturas seguiría a ser o primeiro artigo de calidade dunha muller da nosa Wikipedia, así como o primeiro artigo de calidade dunha personalidade aínda viva. --Piquito (conversa) 2 de novembro de 2015 ás 22:20 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo.--Tommyhilfiger (conversa) 4 de novembro de 2015 ás 15:20 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Artigo propio, non voto. --Piquito (conversa) 2 de novembro de 2015 ás 22:20 (UTC)[responder]
Comentario
- Precisa unha revisión de ortografía Feito!
- A licenza na orixe da imaxe do cadro non coincide coa licenza indicada en commons, con toda probabilidade terán que borrala alí.
- Angela Gheorghiu#Controversias co Met e outros teatros: "A pesar destes desacordos ... que foi substituído pola recesión." -> Cómpren referencias Feito! Todo o que marca o corrector ortográfico
- Angela Gheorghiu#Vida persoal: "Encarnando o modelo da diva ao estilo antigo, ... chegou a ser vista por máis dun millón de persoas no Reino Unido." -> Cómpre referencia Feito!
- Angela Gheorghiu#Vida persoal: "Foi escollida no posto 74 das "mulleres máis sexis do mundo" pola revista FHM" -> Cando? Feito!
- Angela Gheorghiu#Repertorio: Cómpren referencias Feito!
- Angela Gheorghiu#Características: "Gheorghiu é unha intérprete bastante coidadosa ... Marguerite no Faust de Gounod" -> Cómpren referencias Feito!
- Angela Gheorghiu#Discografía: "Tamén ten realizado numerosas gravacións en vídeo de óperas ... dispoñibles en DVD e VHS." -> Cómpren referencias Feito!
- A data de acceso non é necesaria na bibliografía. A entrada da bibliografía non se emprega coma referencia en ningunha parte do texto. Feito!
- Wikipedia:Páxinas con referencias con parámetros sen nome, Wikipedia:Páxinas con referencias sen URL e con data de acceso. -> Non sei cales son, eu na sección de notas non vexo nada extraño, e tampouco vexo esas referencias sen URL e con data de acceso.
#Angela Gheorghiu#Ligazóns externas: Angela Gheorghiu na web de EMI Classics -> Ligazón morta
--☣Banjo tell me 3 de novembro de 2015 ás 01:17 (UTC)[responder]
- Eliminei o número 8, non cómpre referencia, o dato é perfectamente verificable entrando no sitio web da cantante (en "discography"), o único retirei o VHS, que xa non se emprega e puxen Blu-ray.
- Sobre a imaxe da caixa, se a quitande Commons a quitaremos aquí, non é o meu traballo investigala, para iso xa hai moita xente alí que sabe máis do tema ca min. Tampouco inflúe na calidade do artigo, máis aíndahabendo unha imaxe mellor. Non o tacho, pero tampouco vexo necesario este punto.
- Non entendo o mal costume de revisar un artigo e non ir corrixindo a ortografía, máis aínda tendo o editor visual, que permite ir lendo comodamente e corrixindo á vez.
- O repertorio, boa parte xa está referenciado na traxectoria, de todos xeitos incluirei a información de Operabase e algunha outra para que non quede valeira.
- Tacho Angela Gheorghiu na web de EMI Classics, agora está en Warner Classics.
O resto xa irei mirando cando teña tempo. --Piquito (conversa) 3 de novembro de 2015 ás 07:34 (UTC)[responder]
- Se o punto #8 é verificable no sitio web da cantante, o que hai que facer é engadir a referencia a ese sitio. A cuestión non é se a imaxe será eliminada de commons, é cando a eliminarán, mellor aforrar traballo posterior e considerar os criterios para o artigo nunha forma xa máis final, non sabendo que terá que cambiar nun futuro. Se o repertorio xa está referenciado na traxectoria servirán as mesmas fontes, pero hai que indicalas, unha nota ao pé nunha sección non referencia a sección seguinte. ☣Banjo tell me 3 de novembro de 2015 ás 07:47 (UTC)[responder]
- Comentario. Deixo feito todo o que podía facer do indicado por Usuario:Banjo (como xa indico arriba). Doe a actitude deste usuario, mandando borrar a citada imaxe en Commons sen dicir nada aquí... As cousas non se fan así, tamén había unha imaxe que ía ser borrada en Commons con Carlos López García-Picos e na votación Usuario:Elisardojm sinalou que ía pedir en Commons que se investigara... perfecto, investigouse e eliminouse finalmente, non pasa nada. O que para min é de mal compañeiro é sinalar un "erro" (porque non é nin eiva do artigo, a maior nimiedade, unha foto que se se borra se cambia, para flipar) e para apoiar o seu punto de vista pedir que a borren en Commons (onde por certo estaba, e segue estando, dende hai un ano e medio) e non dicir nada aquí do proceso... iso é un feo. As cousas poden facerse ben ou mal, e para min proceder así é facer mal as cousas. Dito isto, poño fin á votación, síntoo por Usuario:Tommyhilfiger, que leu o artigo e o votou para que ao final a votación péchese así, pídoche desculpas se te sentiches molesto polo peche precipitado da votación. --Piquito (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 01:29 (UTC)[responder]
- Non me molesta en absoluto Piquito, unha mágoa que non se aprobe.--Tommyhilfiger (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 18:59 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Angela Gheorghiu (proposta de 2014)[editar a fonte]
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 18-02-2014 - 20-03-2014
SI: 2 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 01:06 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 18-02-2014 ata o 20-03-2014.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completo, referenciado, ilustrado (non hai moitas imaxes dela en Commons, mais si relacionadas con ela). Conta cun completo artigo principal coa discografía. Sería a primeira biografía dunha muller e dunha personalidade aínda viva na nosa Wikipedia. O artigo é dunha personalidade de gran relevancia no eido operístico e da música clásica --Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 01:06 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo--AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 16:30 (UTC)[responder]
- Concordo --Norrin_strange (Fala-me) 27 de febreiro de 2014 ás 07:56 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. A referencia 39 está morta, busquei se está arquivada e non a atopei, se alguén pode buscalo nalgún outro arquivo por se o encontra agradeceríallo, o resto están ben. Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 01:06 (UTC)[responder]
- Feito! por Elisardojm. Piquito (conversa) 24 de febreiro de 2014 ás 12:36 (UTC)[responder]