Wikipedia:Artigo destacado/outubro 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Revolución de Outubro (en ruso: Октя́брьская револю́ция, Oktyabr'skaya revolyutsiya), tamén coñecida como Revolución bolxevique, foi a segunda fase da Revolución rusa de 1917, trala Revolución de Febreiro. A data 25 de outubro de 1917 corresponde ao calendario xuliano vixente no Imperio ruso, despois abolido polo novo Goberno bolxevique. No resto do mundo, baixo o calendario gregoriano, os sucesos iniciáronse o día 7 de novembro de 1917. O poder do novo Goberno estendeuse polo país en diversas fases, con graves enfrontamentos nalgunhas zonas, como Moscova. A debilidade militar da oposición e a popularidade das primeiras medidas, con todo, favoreceron a Lenin e os seus seguidores. O rexeitamento á toma do poder, levada a cabo polos bolxeviques, da oposición máis radical e a imposibilidade da moderada de arrebatarllo a través das institucións, debido á disolución da Asemblea Constituínte en xaneiro de 1918 e á expulsión dos partidos socialistas dos soviets na primavera, conduciu á guerra civil.