Wikipedia:Artigo destacado/decembro 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sirius na súa denominación latina, é o nome propio da estrela Alfa Canis Maioris (α CMa, tamén Alfa Canis Majoris), a máis rutilante de todo o ceo nocturno da Terra, situada na constelación do hemisferio celeste sur Canis Maior. Esta estrela tan notable, que é realmente unha estrela binaria, é ben coñecida desde a antigüidade; por exemplo, no Antigo Exipto, a saída helíaca de Sirio marcaba a época das inundacións do Nilo, e estivo presente en civilizacións tan dispares como a grega e a polinesia. En ocasións, e coloquialmente, Sirio é chamada «Estrela Can» a raíz da constelación á que pertence.