Wikipedia:Artigo destacado/abril 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Humanae Vitae (en latín: Da vida humana) é unha encíclica escrita polo papa Paulo VI e publicada o 25 de xullo de 1968. Co subtítulo de Sobre a regulación da natalidade, reafirmou a doutrina tradicional da Igrexa Católica no tocante ao amor matrimonial, á paternidade responsable e ao rexeitamento do control artificial da natalidade co emprego de métodos anticonceptivos.

A encíclica foi moi controvertida pola súa prohibición de calquera forma de anticoncepción no matrimonio, e Paulo VI non publicou ningunha outra encíclica nos dez anos restantes do seu pontificado. En 2008, Bieito XVI dixo sobre esta materia "tan controvertida e, con todo, tan decisiva para o futuro da humanidade", que a Humanae Vitae converteuse en "sinal de contradición [...] un significativo xesto de coraxe ao reafirmar a continuidade da doutrina da Igrexa. [...] O que era verdade onte, permanece verdadeiro tamén hoxe."