Wikipedia:Artigo destacado/abril 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LittleNeck clams USDA96c1862.jpg

O nome de ameixa é denominación común dun grupo de moluscos bivalvos de alto interese comercial e de morfoloxía semellante aínda que pertencen a especies diferentes. A superficie da cuncha é substancialmente lisa e de cores variables. Viven soterrados a escasa profundidade nos fondos areosos da mar, se ben hai especies que viven en augas doces.